Unha das súas obras máis coñecidas é o Instituto Pere Mata, na localidade tarraconense de Reus. Foi construído entre 1897 e 1912 para albergar un hospital psiquiátrico, aínda que se configura como unha pequena cidade con pavillóns e xardíns á que Montaner aplicou avanzados conceptos de urbanismo e planificación do espazo. O arquitecto non só se ocupou do deseño exterior, senón que incluso chegou a deseñar o mobiliario do centro. O proxecto inicial componse de 6 pavillóns tipicamente modernistas, estando o de servizos xerais no centro coa súa torre de 30 metros. As fachadas son de ladrillo visto e están adornadas con cerámica. Salienta unha decoración interior con alegorías á curación con formas vexetais e animais, símbolos heráldicos cataláns, etc. O pavillón máis interesante é o dos “distinguidos”, con cristaleiras e elementos de ferro forxado. Levouse a maior parte do orzamento nunha ornamentación omnipresente, virtude do medo modernista a los espazos baleiros. |