Inicio Contacto Tenda Usuarios Rexistrados
RutasRueirosMapasTurismoGastronomíaClub Guía Campsa


Arredores de Jerez
Jerez de la Frontera é un enclave privilexiado que conta na súa proximidade coas mellores vilas da costa e a serra
A escasa distancia das provincias de Sevilla e Huelva, a vila gaditana de Jerez de la Frontera é unha porta aberta ao turismo en Andalucía. Entre os seus atractivos próximos destacan a Costa da Luz e localidades tan turísticas como Sanlúcar de Barrameda, Chiclana de la Frontera ou Cádiz capital, así como o urbanismo integrado na natureza dos Pueblos Blancos.
Sanlúcar de Barrameda
Arcos de la Frontera


Preto da fronteira con Huelva, na marxe esquerda da desembocadura do Guadalquivir e fronte ao mesmo Parque Nacional de Doñana, atópase esta vila que comparte con Jerez a fama das bodegas. Non hai que deixar de probar a súa manzanilla nin de contemplar as súas carreiras ecuestres na praia. E é que esta vila conta con areais turísticos como os de Bajo de Guía, La Calzada, Las Piletas ou La Jara.

O seu trazado urbano provén da dominación musulmá e mantén a estrutura daquela época, estreitas rúas que van desembocar ao mar e o río. Entre os seus monumentos cóntase o castelo de Santiago do século XV, o palacio dos infantes de Orleans e Borbón, actualmente Casa do Concello ou o dos duques de Medina Sidonia, sede do arquivo municipal. Das súas obras relixiosas destacan a igrexa de Nosa Señora da O, e o convento de Santo Domingo, do século XVI.

Arcos de la Frontera e os Pueblos Blancos
Arcos de la Frontera

A Ruta dos Pueblos Blancos consta de dezanove vilas moi pintorescas, distinguidas polas súas pequenas casas brancas. É un itinerario moi recomendábel para gozar de arquitectura serrá andaluza nun entorno de sol, sosego e deliciosa gastronomía. 

O punto de partida desde Jerez cara o leste está en Arcos de la Frontera, fermosa vila asentada sobre unha pena avermellada sobre o río Guadalete. Este privilexiado asentamento ofrece fermosas vistas sobre a serra. Os seus recunchos fan gala dunha construción típica andaluza con forte herdanza árabe. A zona antiga de enmarañadas e encaladas calexas, fachadas barrocas e renacentistas adornadas con escudos e flores, conforma unha fermosa estampa que perpetúan vilas  gaditanas como Bornos, Setenil, Grazalema, Zahara de la Sierra e outros malagueños como Ronda.

Puerto de Santa María
Como unha das localidades máis insignes da Costa de la Luz, esta vila discorre entre piñeiros, marismas e praias en plena Baía de Cádiz. A localidade conxuga o ecosistema do seu Parque Natural, cunha emblemática zona urbana e exhaustivos equipamentos de cara ao turismo de praias, con portos deportivos, campos de golf e luxosos complexos residenciais e hoteleiros.
Cádiz
San Fernando

De orixe fenicia, esta capital de provincia situada nunha península conserva un importante legado como histórico porto atlántico. Puerta Tierra marca a liña imaxinaria entre a Cádiz tradicional e a moderna. Como monumentos máis importantes érguense a Catedral coa súa cúpula de azulexos amarelos, o antigo teatro romano e a catedral vella. Testemuños da historia democrática son o Monumento ás Cortes Liberais ou o Oratorio de San Felipe Neri, Monumento Nacional no que se debateu a Constitución liberal de 1812.

A capital móvese en prazas cheas de vida como a de San Juan de Dios onde se levanta a estrutura neoclásica da Casa do Concello, a do Tío de la Tiza ou o Mercado Central. As mellores vistas do mar ofrécenas paseos como o da Alameda da Apodaca, o Parque Xenovés e a praia da Caleta. Non hai que esquecer construcións relixiosas como a igrexa de Santa María e o Convento de Santo Domingo, a parroquia da Palma ou a do Carmen, nin tampouco museos como o Arqueolóxico e de Belas Artes ou o Museo Histórico Municipal.

San Fernando
No corazón da Baía de Cádiz atópase esta cidade histórica comunicada coa capital mediante unha lingua de terra de oito quilómetros. A nivel de areais, salienta a extensa praia do Castillo. Entre o seu patrimonio histórico pódese destacar o castelo medieval de San Romualdo, a igrexa Maior do século XVIII e o Museo Naval.
Chiclana de la Frontera
A 22 quilómetros da capital atópase este termo integrado no Parque Natural da Baía de Cádiz e cuxo maior interese turístico está na praia da Barrosa e no balneario de augas medicinais de Fuente Amarga. Entre a súa fermosa zona urbana predomina a cor branca e sobresaen monumentos como a hermida de Santa Ana, do século XVIII, a igrexa de San Juan Bautista, do século XIX, ou o castelo de Sancti Petri, do século XIII, unha antiga fortaleza militar. 
Medina-Sidonia
San Lucar de Barrameda
Outro enclave histórico, famoso polas súas ganderías de touros bravos, sitúase ao sur dos Pueblos Blancos. Pasou por civilizacións como a fenicia, romana e musulmá, aínda que o seu maior esplendor chegaría como sede do Ducado de Medina Sidonia. Entre os seus restos máis antigos están a ponte romana e as cloacas do século I. Xa dos séculos XIII e XIV son os restos do castelo árabe de Torrestrella, e dos arcos da Pastora, Belén e Puerta del Sol. Entre os edificios relixiosos cómpre citar o mosteiro de San José del Cuervo, o convento das Descalzas, a hermida visigótica dos Santos Mártires e a igrexa de Santa María de la Coronada, exemplo do gótico tardío gaditano.
  © Repsol YPF 2001-2008 Mapa Web Nota Legal Proteción de datos Contacto Boletíns
repsolypf.com é membro de Confianza En liña e asume e actúa segundo o seu Código Ético de Comercio Electrónico e Publicidade Interactiva