 |
| |
|  |
É o máis grande dos depósitos de fósiles de homínidos coñecido. En La Sima de los Huesos, situada en Cueva Mayor, recuperáronse fósiles correspondentes, polo menos, a 32 individuos que viviron hai 300.000 anos, o que podería supor o primeiro enterramento da historia. Representa o esqueleto ao completo do devandito “Homo Heidelbergensis”, especie corpulenta que se alimentaba de vexetais, froitos e sementes ademais de carne obtida mediante a caza e o preeiro. Ao parecer aínda non descubriran o lume. Nel salienta unha peza singular como é a denominada “pelve de Elvis”, unha cadeira que permitiu saber cómo era o parto dos preneandertais, a pesar de pertencer a un varón. A cabeza dun feto pasaría sen problemas polo seu canal de parto, o que levou a deducir que as femias desta especie parían con menos dor que as mulleres de hoxe en día, máxime cando o seu cerebro tamén era menor. Un dos achados máis importantes ata a data é o Cráneo-5, bautizado co nome de “Miguelón” en honor a Indurain que no ano do descubrimento (1992) gañaba o seu segundo tour. A súa importancia vén porque foi a primeira vez que apareceu unha estrutura ósea completa da cabeza dun homínido do pasado. Presenta unha notábel deformidade na parte esquerda do rostro que se debe á rotura e posterior infección dun dente, o cal posibelmente terminou provocándolle tamén a morte. Por todo isto, Atapuerca agochas nas súas entrañas a historia do último millón de anos da evolución humana e constitúese como un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes do mundo. |