Inicio Contacto Tenda Usuarios Rexistrados
RutasRueirosMapasTurismoGastronomíaClub Guía Campsa


Bienal de Venecia (Arte en Venecia)
Cada dous veráns, Venecia convértese nun centro internacional das artes
Pensar con los sentidos. Sentir con la razón.
Cada dous anos ten lugar na cidade dos canais unha exposición de artes visuais e plásticas, das principais do calendario internacional. Trátase da Bienal de Venecia, que arrancou de forma oficial o 22 de abril de 1894. Desde entón tan só foi interrompida en dúas ocasións, coincidindo cos períodos da I e a II Guerra Mundial. A edición de 2007 será a número 52 da súa historia e a cidade está xa preparada para ser invadida de arte durante o verán.

Arte no tempo presente
Festival de cine de Venecia

Nesta edición, que se celebrará do 10 de xuño ao 21 de novembro, a Exposición Central Internacional levará por título “Think with the Senses - Feel with the Mind
Art in the Present Tense” (Pensar cos sentidos - Sentir coa razón. Arte en tempo presente). Está ideada polo novo director artístico, Robert Storr, que pretende formulala por medio da dicotomía sentido/razón.

Obras dun centenar de artistas e colectivos serán expostas no Arsenale e no Pavillón Italiano dos Giardini, algunhas delas creadas especialmente para os espazos da feira. Storr tamén conta con algúns espazos como parte integral do seu concepto artístico xeral. É o caso da mostra de arte contemporánea africana e o pavillón de Turquía, ambos localizados no Arsenale. 

Os pavillóns e presentacións nacionais e rexionais acadan 77 este ano, sendo a maior cifra da historia desta mostra. Pero a arte non se queda nos pavillóns durante estes días. Como é tradicional, este ano levaranse a cabo por toda a cidade unha enorme cantidade de proxectos artísticos paralelos. Nada escapa ao influxo da bienal.

A arte como entretemento
Arquitectura en la Bienal

Na pasada edición xa se viu unha tendencia clara dos camiños polos que se move a arte moderna. O vídeo inundaba a cidade en todos os soportes, en pantalla, proxeccións sobre o chan ou paredes ou como piar central da fusión multidisciplinar. Tamén priman as performances que requiren da interacción do visitante e axudan a transcender así a barreira tradicional da arte co espectador.

Salienta por isto un afán cada vez máis de entretemento, achegando a arte ao profano, case como se se tratase dun parque temático. A través dos diferentes pavillóns, coñécese non só a arte que propón cada país, senón tamén o seu particular plan para atraer ao visitante, ofrecerlle algo excitante e que as súas exposicións non caian no esquecemento. Así é Venecia nos meses de Bienal, unha feira no sentido máis amplo do termo.

España na Bienal
Exposiciones


A presenza española está organizada polo Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación, a través da Dirección Xeral de Relacións Culturais e Científicas. En canto ao pavillón español desta edición, sábese que o proxecto expositivo correrá a cargo do comisario Alberto Ruiz de Samaniego. Levará por título 'Paradiso Spezzato' (Paraíso fragmentado) e estará baseado nas figuras de Ezra Pound, Nietzsche e Marcel Proust. 

Neste marco expositivo serán cinco os autores presentes, de idades, traxectoria e ámbitos creativos ben diferentes. O cineasta barcelonés José Luis Guerín, Los Torreznos -dúo formado por Jaime Vallaure (Asturias, 1965) e Rafael Lamata (Valencia, 1959), que se dedica á performance- e, por último, dous artistas galegos ocupan os postos de veterano e benxamín da representación. O primeiro é o fotógrafo e poeta Manuel Vilariño (A Coruña, 1952). O segundo, Rubén Ramos Balsa (Santiago de Compostela, 1978), que traballa con fotografías e instalacións de novas tecnoloxías.

Festival de cine
Bienal Venecia

Ademais da exhibición de artes visuais, a Bienal acolleu no seu seno ao longo da historia unha serie de mostras paralelas, de música contemporánea, poesía, teatro ou arquitectura ou danza contemporánea. Algunhas extinguíronse, outras simplemente foron citas puntuais, pero hai unha que non falla e incluso se presenta a diferenza da bienal, con carácter anual. 

Trátase do Festival de Cine de Venecia, que celebrará a súa 64ª edición do 29 de agosto ao 8 de setembro. Ademais este ano verá incrementado o seu apoio económico para non perder protagonismo ante o Festival de Cine de Roma, que arrancou o pasado ano. Un atractivo engadido ás exposicións da Bienal, que fai especialmente atractivo visitar Venecia este verán.

  © Repsol YPF 2001-2008 Mapa Web Nota Legal Proteción de datos Contacto Boletíns
repsolypf.com é membro de Confianza En liña e asume e actúa segundo o seu Código Ético de Comercio Electrónico e Publicidade Interactiva