Inicio Contacto Tenda Usuarios Rexistrados
RutasRueirosMapasTurismoGastronomíaClub Guía Campsa


Calas e acantilados da Costa Brava
Natureza agreste agarda entre as vilas da costa xerundense
A provincia de Girona reúne os dous grandes atractivos naturais cataláns. Lindeiro con Francia, goza da paisaxe pirenaica, pero tamén da liña de litoral que descende desde o país veciño. A esta franxa de costa de máis de 200 km que se estende ata a desembocadura do río La Tordera en Blanes se lle outorgou o nome turístico de Costa Brava.
Cadaques
Esta nomenclatura refírese á agreste paisaxe chea de rocas e acantilados de este fermoso enclave mediterráneo encaixado entre a Costa Vermella e a do Maresme. Unhas paraxes que enfeitizan ao visitante co profundo azul e o verde mariño das súas augas que reflicten a frondosa vexetación. As 2.500 horas de sol ao ano e os 16º de temperatura media anual terminan de configurar un agradábel entorno que tamén conta con vestixios histórico-artísticos.

Lloret e Tossa de Mar
Costa Brava

A ruta comeza ao sur en Lloret de Mar, un importante centro turístico que conserva as primeiras mostras de patrimonio, en recunchos como o poboado ibérico do Puig de Castellet, os románticos xardíns de Santa Clotilde, o castelo, a ermida de Sant Quirze do século XI e algunhas casas de indianos. Desde esta localidade á seguinte xa poden gozarse algunhas das mellores calas da Costa Brava.

Tossa de Mar é outra das localidades máis carismáticas e fermosas da comarca. Esta vila de orixe romana estivo historicamente ligada ao Mosteiro de Ripoll. A súa zona medieval amurallada, a Vila Vella, é toda unha delicia para o paseante, con torres cilíndricas que aínda se conservan. Outros monumentos a destacar son a torre de Roanas, a igrexa de Tossa, ou o Palacio do Gobernador. Tampouco hai que se esquecer de admirar a gótica Casa Can Vicenc, a capela de Sant Miquel ou visitar o seu Museo Municipal, reflexo do movemento artístico que albergou nos anos trinta.

De Sant Feliu a Platja d’Aro
Cadaques

A seguinte localidade é Sant Feliu de Guixols, outra fermosa vila turística inserta nun contexto de natureza escarpada. A súa mestura de abrupta vivacidade e a pegada do seu pasado confírenlle unha esencia moi especial. Á marxe das súas praias, o seu maior monumento é o maxestoso mosteiro románico de Sant Peres de Rodes. O edificio actual parte da base do convento do século X, rematando esta remodelación no século XIII. Outros puntos de interese son o seu Museo Municipal, as súas torres, o Mercado Cubierto ou o Arco de Sant Benet, sen esquecer o paseo marítimo.

O seguinte núcleo en destacar é o formado polo Castillo e Platja d’Aro. O seu fino areal representa un dos centros de ocio máis importante da costa, tanto polo número de bañistas nas horas de sol como nas escapadas nocturnas de residentes e visitantes. Un fenómeno que se explica tamén polo enreixado de aloxamentos, tendas, bares, terrazas e discotecas que rodean a praia. Castell d’Aro, ofrece o contrapunto, a imaxe medieval e cultural que non se dobrega ante a explosión turística.

De Palamós a L’estartit
Continuando cara o norte trázase un arco litoral case equidistante da capital que pasa por Palamós e Fruguell, tranquilas vilas nas que gozar das tradicións pesqueiras. Proseguindo pola acantilada e salvaxe costa, chégase a Begur, onde haberá que visitar o Castelo e a colonial Casa dos Americanos.
    
O itinerario leva así á señorial Torroella de Montgrí, que preserva no seu antigo trazado urbano tesouros como La Torre de Bruixes, El Castell ou o portal de Santa Ceterina ou o Mirador. Preto atópase un dos máis fermosos recunchos da Costa Brava; L’estartit, unha torre-masía en pleno acantilado que desafía a furia do mar rochoso. É unha das estampas que mellor sintetiza a integración natural das vilas da zona.
Roses e Cadaqués
Caña Canyelas

Tras visitar as ruínas helénicas de L’Escala, haberá que percorrer un amplo tramo ata chegar ao próximo saliente da costa, en cuxo comezo está Roses, antiga colonia grega a cabalo entre mar e montaña. Son multitude as praias, calas e rochosos acantilados dos seus arredores, aptos para os máis variados deportes náuticos. Outros valores naturais son os dos parques de Aiguamolls de l´Empordá e Cap de Creus, mentres que os históricos se circunscriben ao conxunto da Ciudadela, antigo conxunto defensivo renacentista.

A última localidade emblemática deste litoral é Cadaqués, situada ao norte, na península do Cabo de Creus. En torno ao Parque Natural do mesmo nome pódese gozar de incríbeis paisaxes de paradisíacas praias e calas retiradas. Ao fondo da súa baía asoma unha zona histórica mariñeira que inspirou a artistas ao longo da historia, polo que son numerosos os seus museos e galerías, en especial a Casa-Museo de Salvador Dalí. Un broche cultural a este paseo por encantadoras localidades ao borde do acantilado e praias de bandeiras azuis.

  © Repsol YPF 2001-2008 Mapa Web Nota Legal Proteción de datos Contacto Boletíns
repsolypf.com é membro de Confianza En liña e asume e actúa segundo o seu Código Ético de Comercio Electrónico e Publicidade Interactiva