Inicio Contacto Tenda Usuarios Rexistrados
RutasRueirosMapasTurismoGastronomíaClub Guía Campsa


Cámpings e albergues para o verán
Co verán chegan a tempa de praia no País Vasco. A través dos seus cámpings e albergues pódese pasar uns agradábeis días de sol e praia sen necesidade dun gran desembolso
Gorliz
O País Vasco, como todo o norte peninsular, conxuga á perfección praia e montaña. Por isto, coa calor do verán, apetece refuxiarse en torno ás súas costas, afastarse do asfalto e vivir a súa natureza. É entón cando mochileiros e amantes do turismo ao ar libre se achegan ás costas biscaíñas e guipuscoanas. Un tipo de turismo preferido pola xente nova e que permite ademais unhas vacacións económicas.
Uribe Kosta

Partindo desde o extremo oeste da costa vasca, atopámonos con dous cámpings na comarca de Uribe Kosta nun precioso entorno natural de montaña e costa e comunicados con Bilbao por metro. Son o Camping Arrien, en Gorliz e o Camping Sopelana, na localidade do mesmo nome, de 2º e 3ª categoría respectivamente. Sitúanse xunto a praias de alta calidade, sendo a de Gorliz de augas mansas e preferida polos bañistas e a de Sopelana algo máis axitada, ideal para a aprendizaxe do surf. 

Tipismo mariñeiro
Hondarribia

A comarca que toma o relevo á costa biscaíña é Busturialdea e nunha das súas máis fermosas vilas mariñeiras, Mundaka, atópase o Cámping Portuondo, de primeira categoría. Dispón de tres zonas de acampada, unha para caravanas, outra para tendas individuais e outra para parcelas. O cámping conta con instalacións como un cabanel ou ‘txoko’ para comer, ademais de dous restaurantes onde degustar o peixe fresco da zona.

Finalmente, máis afastado da capital e polo tanto nun entorno máis virxe está a vila de Mendexa e os seus dous cámpings, Endai e Leagi. Salientan pola súa tranquilidade, o típico ambiente rural vasco e a proximidade con fermosas vilas pesqueiras como Lekeitio e Ondarroa. O de Leagi conta ademais con bungalows de dúas habitacións. Ambos dispoñen da posibilidade de realizar nas súas proximidades piragüismo, surf, sendeirismo, pesca e submarinismo en torno a praias de primeira clase.

De Mutriku ao Baixo Deva
Mutriku

En Guipúscoa destaca a localidade de Mutriku. As súas catro zonas de cámping e a súa posición fronteiriza con Biscaia fan deste un lugar ideal para emprender rutas por toda a costa, cara ambos extremos. Aritzeta, Santa Elena, Saturraran e Galdona propoñen amplas zonas arboradas en pleno monte, a un paso das praias e o porto. Aquí se poden realizar todo tipo de actividades en contacto coa natureza e algunhas máis peculiares como o paintball, rutas en quads, puenting, capeas, kayak, excursións a cabalo, paseos espeleolóxicos ou visitas histórico-culturais.

No barrio de Itxaspe da nobre vila de Deva atópase un cámping rodeado por un fermosos entorno con magníficas vistas ao mar e aos acantilados. A súa situación dá pé a múltiples excursións polos arredores así como o descenso ás praias salvaxes de Aitzuri e Sakoneta, sen esquecer os máis turísticos e concorridos areais de Deva e Zumaya. 

Preto atópase outra vila mariñeira e turística por excelencia, Zarauz, cuxa praia é unha das preferidas polos surfeiros. Aquí a hospedaxe corre a cargo dos cámpings Talai-Mendi e Zarautz, moi próximos entre si, sobre a faldra dun monte que ofrece espectaculares vistas do panorama.

En torno á capital
Orio

Un atractivo do concorrido cámping de Orio é a súa ampla extensión no Parque Natural de Pagoeta. Pero sen dúbida un dos cámpings máis solicitados é o que se sitúa no famoso Monte Igueldo, a uns 5 quilómetros do centro de San Sebastián en transporte público. É un cámping de 1ª categoría situado nunha fermosa paraxe entre montaña e mar que ademais permite visitar a fondo a bela capital vasca, a súa zona antiga, a Praia de La Concha ou o Palacio Kursaal. 

Outra opción é Oliden en Oiartzun, a tan só 9 quilómetros das praias de San Sebastián e Fuenterrabía. Precisamente en Fuenterrabía sitúanse os dous últimos cámpings da liña costeira vasca. O de Faro atópase en primeira liña de costa, mentres que o de Jaizkibel está algo máis afastado, pero tamén arroupado polo monte e a súa frondosidade. O entorno de praias e calas salvaxes tan preto de importantes núcleos turísticos con todos os servizos seduce o visitante.

Albergues
Ondarreta

Dentro de Biscaia a opción máis obvia é o Albergue Bilbao Aterpetxea, a dez minutos do centro e con modernas instalacións deportivas, párking de coches e bicicletas e unha ampla zona axardinada. O metro permite acceder desde alí ás praias de municipios como Getxo, Sopelana ou Plencia.

Porén existen outros máis próximos á costa. É o caso do Albergue Xuvenil La Arboleda, no Val de Trápaga ou o de Areitz Soroa en torno a unha granxa ecolóxica en Galdames, ambos próximos á praia de Muskiz. A similar distancia de Bilbao e máis próximos ás praias dos seus respectivos municipios atópanse os albergues xuvenís de Plencia e Gorliz. Outra opción é o Trinkete Etxea de Lekeitio para quen prefira o ambiente mariñeiro.

Na capital donostiarra o de maior capacidade é o de Ondarreta “La Sirena", dirixido especialmente para reservas individuais. Sitúase na zona urbana a 200 metros da praia de Ondarreta, o que non lle impide atesourar un tranquilo ambiente. Os outros dous son o Ulia Mendi, nun entorno máis natural, pero pechado por reformas ata novo aviso e o Colexio Maior Olarain que tamén acolle alberguistas. 

Outra opción urbana é Martindozenea, albergue municipal da próxima localidade de Irún. Xa nun entorno máis rústico atópanse o Igerain en Zarauz e o Juan Sebastián Elcano en Hondarribia, dúas alternativas máis para gozar do limpo litoral guipuscoano e de emprender excursións polas súas praias, montes e acantilados.

MÁIS INFORMACIÓN:

Asociación de Cámpings do País Vasco
Ctra. San Sebastián Bilbao, N-634 km 13 (Orio)
Tel: 943834801
Fax: 943-133433
http://www.campingseuskadi.com

Rede Española de Albergues Xuvenís
http://www.reaj.com/
info@reaj.com

Albergue Bilbao Aterpetxea
Ctra. Basurto-Kastrexana, 70 48002 (Bilbao)
Tel:94 427 00 54
Fax: 427 54 79
http://albergue.bilbao.net/

Albergues Donostia
La Sirena Pº Igeldo, nº 25 (San Sebastián)
Tel: 943-310268
Fax: 943-214090
http://www.donostialbergues.org/

  © Repsol YPF 2001-2008 Mapa Web Nota Legal Proteción de datos Contacto Boletíns
repsolypf.com é membro de Confianza En liña e asume e actúa segundo o seu Código Ético de Comercio Electrónico e Publicidade Interactiva