 
Entroido no norte de España
|
|
|
 |
|
A zona norte peninsular vive o Entroido co fervor das tradicións
|
 |
|
Reputados son os entroidos españois como os de Tenerife, Cádiz ou Águilas, explosións de cor que reflicten un carácter cálido en pleno inverno. Pero o certo é que España está chea de manifestacións desta festa de orixe pagá. Máis recollidos nos seus actos, pero moito máis ricos en tradición e lendas, os entroidos do norte de España abren un abano de posibilidades para gozar da festa do disfrace.
|
 |
 |
|
Entroido (Galicia) |
 |
 |
| |
|  |
En cidades e vilas galegas celébrase o “Entroido”. Esta festa fai uso da liberdade que dá agocharse baixo un disfrace para crear un contorno de burla e diversión. Todo está permitido por un día neste mundo trastocado. Os máis coñecidos son os de Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada ou Vilaboa, algúns deles destacados como acontecemento turístico nacional. A súa orixe remóntase aos tempos en que o entroido era a última gran festa antes do retiro coresmal. Os paisanos camuflábanse con vellas roupas para intentar enganar os seus concidadáns. Naquelas vilas pechadas e a miúdo puritanas era toda unha liberación que hoxe non é tan chocante, aínda que as comparsas se encargan de pór a crítica e o escarnio social na palestra. Especial mención merecen os traxes con burlonas mascaras e toca en forma de medio óvalo (mitra). Estes personaxes armados con látego son chamados “peliqueiros” ou “cigarróns” e segundo as vilas varían as cores da faixa ou a panilla, así como os motivos da mitra, desde animais e astros a vexetais. Outras coñecidas caracterizacións son as dos volantes da Ribeira do Miño, as pantallas de Xinzo de Limia, os xenerais de Ulla ou os “boteiros” de Manzaneda.
|
 |
|
Inauteriak (Tolosa) |
 |
Coñecidos en éuscaro como “Inauteriak” ou “Ihauteriak”, os entroidos vascos son festas populares que se celebran xeralmente os tres días previos ao mércores de cinza. Os máis famosos son os de Tolosa, distinguidos pola súa ampla participación popular. É a festa máis grande do ano na localidade e decenas de comparsas sacan as súas traballadas carrozas á rúa nun alarde de imaxinación e parodia da actualidade Estiveron prohibidos durante a ditadura pero os seus habitantes lograron camuflalos baixo o nome de “Festas da Primavera”, o que sen dúbida fixo que hoxe en día a súa esencia teña máis forza que nunca. Son seis días nos que reina a imaxinación e o atrevemento entre o alboroto da rúa, comparsas, charangas, novelos e touros de lume. O xoves comeza a festa, co “txupinazo” e non remata ata a cerimonia de enterro da sardiña. O bulicio apodérase da parte vella e medra ata a tamborrada nocturna. Son días de festa sen parar, aínda que moitos son os que repousan a noite do sábado para non faltar á cita coa diana a mañá do domingo, recentemente levantados, en pixama e zapatillas. O luns seguen os festexos con vacas novas e desfiles ata o martes que pon o punto final co teatral enterro da sardiña ao que se acode de loito rigoroso.
|
 |
|
Pirineo Navarro |
 |
|
 |
| |
 |
|
A cerrazón dos vales pirenaicos propiciou nas súas vilas unha conservación das tradicións do entroido. Entre as súas datas destacadas están o Xoves Lardero ou o Martes de Carnaval, que aquí se escenifica co xuízo e coa execución dunha personaxe que representa o Entroido. Salienta pola súa riqueza folclórica e etnográfica o de Lantz, pequena vila do vale de Anue. É un entroido cargado de forza dramática que escenifica o apresamento, o xuízo e a morte na fogueira do mítico bandido Miel Otxin. A súa teatralidade con certa recreación na violencia impresiona os visitantes nesta simbólica batalla entre o ben e o mal. Outros personaxes son o “ziripot”, ataviado cun traxe de saco repleto de feo ou o “zaldiko”, cabalo cuxo obxectivo é tirar ao chan o repoludo personaxe e ridiculizalo. Á súa vez os “arozak” perseguen o cabalo para ferralo e os “txatxos”, cubertos de peles de animais e armados con paus e vasoiras, gritan e saltan mentres perseguen a todo o resto. Tras intentar fuxir, Miel Otxin, un gran boneco cos brazos en cruz, é abatido no monte dun tiro e queimado ao anoitecer entre danzas tradicionais. |
 |
|
Val de Bielsa |
 |
Tamén en zona pirenaica pero aragonesa está o Val de Bielsa con dúas figuras básicas. Polo lado masculino están as “trangas”, vestidos con peles de animais, camisa de cadros, faldróns, cornos, cinzarros ás costas e a cara pintada de negro. As “madamas”, pola súa parte, representan a pureza polo que só son interpretadas por mulleres solteiras. Xuntos protagonizan a Ronda, un percorrido pola vila que finaliza en baile na praza.
Outras figuras destacadas deste típico festexo son os “onsos” (osos) e domadores, o “caballé”, que é un xinete, a “garreta” ou a “hiedra”. Tamén hai oco para a reivindicación social na figura do “amontato”, un home subido ás costas dunha muller que chama a atención sobre o infravalorado traballo da muller na rexión. Nesta ocasión quen será queimado na fogueira será “Cornelio”, responsábel de canto mal axexa os belsetanos. |
 |
|
Xigantes de Solsona |
 |
Xa en Lleida destaca Solsona, un entroido caracterizado polos seus xigantes que bailan ao son do Bufi, himno da festa. Considérase de interese nacional e marca diferenzas como que os disfraces se substitúen por batas de diferentes cores que parodian as que no pasado levaban os tratantes de gando. Os xigantes comparten protagonismo con outros personaxes como o Carnestoltes ou o burro, tan presente en Cataluña. |
|