Inicio Contacto Tenda Usuarios Rexistrados
RutasRueirosMapasTurismoGastronomíaClub Guía Campsa


Cuenca, sedutor encanto natural
Non só das Casas Colgadas vive Cuenca. A cidade abrígase de natureza, convertendo o seu entorno nun marco ideal. Ou tal vez sexa a propia cidade medieval a que complementa á excepcional riqueza natural. A Ciudad Encantada, o Ventano del Diablo e o nacemento do río Cuervo, entre outras paraxes, devolven o candor aos ollos do visitante.
Ciudad Encantada
Cuenca é unha das cidades españolas que mellor conserva os vestixios do seu pasado medieval. Non en van, a súa cidade amurallada foi merecedora dun patrimonio da humanidade. As afamadas Casas Colgadas, a súa catedral, a ermida da Virxe das Angustias ou a ponte de San Pablo son parte do inmenso patrimonio arquitectónico que Cuenca preserva con celo. Pero a beleza da provincia non acaba cos legados do home. A natureza tamén se encargou de imprimir a súa singular pegada coa paisaxe conquense, creando ao seu paso infinidade de xoias vivas.
A Ciudad Encantada
El ventano del diablo

A Ciudad Encantada é unha paraxe natural de soño, onde parece ter intervido algo máis que o capricho da natureza. Conforman esta máxico paraxe formacións rochosas calcarias ás que a natureza deu forma no devir de miles de anos. A acción da auga, o vento e o xeo sobre as moldeábeis rochas fixo posíbel este espazo natural. O fenómeno cárstico, que así se denomina cientificamente, produciuse de forma heteroxénea, debido á diferente morfoloxía, composición e grao de dureza das rochas. Isto deu lugar a unha sorprendente mostra de formas distintas. 

A Ciudad Encantada sitúase no termo municipal de Villalba de la Sierra, nunha ampla zona de piñeiros e a unha altitude de 1.500 metros. A espectacular beleza deste fenómeno mereceu a declaración de Sitio Natural de Interese Nacional o 11 de xuño de 1929. 

O Ventano del Diablo
O miradoiro coñecido como o Ventano del Diablo, de dobre ventá desde onde se contempla a espléndida foz do Xúcar, fai honor ao seu nome polo abismal das súas vistas. Dous abruptos cortes na montaña, a gran altitude, son a linde natural do río Xúcar. Salvada esta similitude, o Ventano del Diablo ofrece unha espectacular beleza, mostrando o transcurso do Xúcar e a localidade de Villalba, un encantador reduto mundano que ben merece un paseo. 
Calexas de Las Majadas
Júcar a su paso por Millares

Las Majadas é un paraíso natural sen parangón onde se suceden os fenómenos xeolóxicos. Encrávase no marco do nacemento do río Xúcar, en plena cordilleira Ibérica, a uns 1.500 metros de altitude. A vila de Majadas atópase a 36 quilómetros da capital da provincia. Conta con paradores, hostais e restaurantes que convidan a  converter a visita nunha plácida estancia. 

A tres quilómetros da vila está o miradoiro de Las Majadas, que ofrece unha espectacular vista dos cortes calcarios do entorno. Abundan os canóns, as gargantas entalladas, covas, torcas, dolinas, lenares e outros fenómenos de erosión fluvial.  Ademais do impresionante paisaxe, é zona de aniñamento de voitres. Apenas un quilómetro e medio separa ao miradoiro dos espectaculares Callejones de Las Majadas. 

Nos Callejones repítese o mesmo fenómeno xeolóxico que na Ciudad Encantada, só que en plena serra conquense. A formación cárstica resultante da erosión do terreo por efecto da choiva e o vento, aseméllase a arcos, pontes, corredores e monólitos.

A Ruta das Caras en Buendía
Júcar a su paso por Cuenca

A vila de Buendía linda coa provincia de Guadalaxara. Entre os seus grandes atractivos atópanse o embalse  ao que dá nome, o Museo do Carro e os arredores do río Guadiela coa ermida de Nuestra Señora de los Desamparados. Porén, o máis peculiar dos seus encantos, que son numerosos, é a denominada “Ruta das Caras”, un paseo ideal para practicar sendeirismo adornado por esculturas labradas na rocha. 

E é que entre tanto fenómeno da natureza, o ser humano ten a imperiosa necesidade de deixar tamén a súa pegada. Os artífices destas obras de arte labradas en rocha tomaron como referencia a técnica de escultores europeos. Enseguida souberon darlle un toque de personalidade propia, convertendo o entorno nunha suxestiva e incluso mística miscelánea de arte e natureza.

Nacemento do río Cuervo
Declarado Monumento Natural no ano 1999, o nacemento do río Cuervo constitúe unha das mellores formacións de manancial travertínico de Castela-A Mancha, notábel polo seu tamaño, extensión e indiscutíbel beleza. A altitude e a temperatura na que se encrava este prodixio da natureza propicia, ademais, que o seu entorno sexa prolixo en flora e fauna.
MÁIS INFORMACIÓN:

Fundación Turismo de Cuenca
http://www.turismocuenca.com/default.aspx?lang=es-ES

Oficina municipal de turismo
c/ Alfonso VIII, 2. 16001 - CUENCA
tfno.- 969 241 051 / fax.- 969 240 788
email: ofi.turismo@cuenca.es 

Centro de recepción de turistas
Avda.Cruz Roja, 1. 16003 - CUENCA
tfno.- 969.241.050 / fax.- 969.235.356
email: info@turismocuenca.com

  © Repsol YPF 2001-2008 Mapa Web Nota Legal Proteción de datos Contacto Boletíns
repsolypf.com é membro de Confianza En liña e asume e actúa segundo o seu Código Ético de Comercio Electrónico e Publicidade Interactiva