Inicio Contacto Tenda Usuarios Rexistrados
RutasRueirosMapasTurismoGastronomíaClub Guía Campsa


Cuenca vangardista
Cuenca atesoura celosamente a beleza en cada un dos seus recunchos, xa sexa en forma de privilexiada natureza, xoias arquitectónicas ou, a súa faceta máis descoñecida, arte. Os museos da cidade ofrécenlle ao visitante unha ampla colección de obras de artistas de renome, como Antonio Tàpies ou Eduardo Chillida
Casas colgantes
Os acertados contrapuntos de Cuenca elevan o atractivo da urbe. Unha cidade con corazón medieval – a súa zona antiga é unha uno das mellores preservadas de España – alberga á par a obra pictórica de consagrados artistas contemporáneos, vangardistas e representantes da arte abstracta. A modernidade da pintura enmarcada nunha antiga cidade amurallada.
Museo de arte abstracta
Retrato de Francisco de Goya

Nunha das famosas Casas Colgadas está a sede deste museo cuxas obras transpiran modernidade e progreso, un agradábel contraste que complementa a peculiar estrutura interna do edificio, construído no século XV. A orixinalidade estética da súa colección permanente, composta por máis de 200 pezas pictóricas e escultóricas, fala por si soa. Nela están representados os máis importantes artistas non figurativos deste secúlo: Antoni Tàpies, Antonio Saura, Eusebio Sampere, Gerardo Rueda, José Guerrero, Eduardo Chillida. Pablo Serrano, Luis Feito, Rafael Canogar, Hernández Mompó ou Palazuelo, facendo un arduo exercicio para citar só algúns nomes.

Entre os artistas da xeración abstracta dos 50 e 60, o museo de arte abstracta conquense menciona con especial cariño a Fernando Zóbel, cuxo traballo está tamén representado na colección permanente. O artista foi o fundador do museo ao ceder, en 1966, a súa colección persoal de obras do abstracto español para doalas pouco antes de morrer á Fundación Juan March, actual rexente do museo. 

Desde a última remodelación do centro, en 1994, o museo conta con salas que permiten acoller exposicións permanentes. Na actualidade e ata o 16 de decembro, o museo alberga a colección “Goya e Carnicero: Tauromaquias”, 53 obras realizadas por dous dos grandes mestres do gravado español: Francisco de Goya y Lucientes (Fuendetodos, 1746 – Burdeos, 1828) e Antonio Carnicero (Salamanca, 1748 – Madrid, 1814).

O museo conta cunha extensa biblioteca sobre arte aberta á consulta do público, amén dun extraordinario fondo de obra gráfica. Na tenda do museo pódense adquirir edicións de catálogos, libros, obra gráfica e tarxetas postais. Ademais, o museo desenvolve un programa educativo destinado á educación na arte, impartido a estudantes desde primaria ata secundaria.

Fundación Antonio Pérez
Obra de Eusebio Sempere

Situada no antigo convento das Carmelitas Descalzas, a Fundación creouse a partir da colección de pinturas, gravados, esculturas e libros pertencentes á colección privada de Antonio Pérez, na que se atopan obras de artistas contemporáneos españois e estranxeiros de gran prestixio, como Millares, Gordillo, Torner ou Saura. Desde que se creara, a fundación perseguiu o obxectivo de divulgar a arte conquense, partindo dun conxunto de fondos pictóricos, creacións de artistas da mesma xeración do fundador e doutros grandes talentos.

A polifacética sala acolle ademais unha colección dos obxectos curiosos encontrados tamén polo fundador. O museo no seu conxunto, definido de forma acertada como un espazo acolledor, conta cun atractivo engadido. Cabe a posibilidade de que o visitante se tropece nas súas galerías co propio Antonio Pérez.

O espazo Torner
Obra de Chillida


O museo Torner alberga de forma permanente corenta pinturas e esculturas do artista conquense Gustavo Torner, das cales case a metade proceden do Museo Centro Nacional de Arte Contemporáneo Reina Sofía, pinacoteca á que o propio artista doou unhas seiscentas obras fai anos. 

Gustavo Torner, nacido en Cuenca en 1926, formou parte xunto con Gerardo Rueda e Fernando Zóbel da denominada "escola conquense". A mediados dos anos 60 a obra de Torner fíxose moito máis complexa, no seu afán por conseguir unha maior expresividade. Substituíu o lenzo por madeira ou metal, comezou a introducir obxectos e todo tipo de materiais -plástico, cartón, pel sintética, nailon.-, e realizou unha serie de montaxes cun gran sentido escenográfico.

O espazo Torner está habilitado no interior do antigo mosteiro de San Pablo, unha soberbia edificación que, tras unha respectuosa restauración, ofrece a súa maxestade intacta. O Bispado de Cuenca, propietario do centro relixioso, cedeu ao Ministerio de Cultura no ano 2002 o uso da igrexa e as súas dependencias.

MÁIS INFORMACIÓN:

Concello de Cuenca
Plaza Mayor, 1
16001 - CUENCA
Teléfono 969 176 100 - Fax 969 235 100

aytocuenca@cuenca.es
http://www.cuenca.org/guiaservicios.asp?servicio=Museos


Fundación Juan March
Castelló, 77 - 28006 
MADRID
Teléfono + 34 91 435 42 40 - Fax: +34 91 576 34 20

http://www.march.es/

  © Repsol YPF 2001-2008 Mapa Web Nota Legal Proteción de datos Contacto Boletíns
repsolypf.com é membro de Confianza En liña e asume e actúa segundo o seu Código Ético de Comercio Electrónico e Publicidade Interactiva