|
|
 |
O Entroido marca todos os anos no calendario a despedida do frío e con este, o adeus á copiosa comida invernal, antes de comezar coas privacións da Coresma. E antes de entrar nestas limitacións, a sociedade despide os días cun variado e abundante repertorio gastronómico dominado polo viño, a carne e os doces.
Por toda España as xentes saen á rúa, disfrázanse, divírtense e aproveitan para dar boa conta dos últimos pratos de guisos, carnes, callos ou morcillas, antes de que chegue o Domingo de Resurrección.
Pero ben é sabido que entrada a Coresma tampouco se pasan privacións, grazas á nosa ben nutrida despensa nacional que ofrece dende os calçots cataláns ata as coles, os garavanzos, as fabas, as acelgas, os porros, os cogomelos e así como unha infinidade de peixes.
Iso si, por San Brais, ollomol atrás. Que se di no País Vasco. Pero este xa é outro cantar. Durante a semana de Carnaval podemos degustar receitas cheas de tradición, moitas delas doces, e que se conservan case intactas a pesar do paso dos anos. De entre as máis características destacamos as Filloas e Orellas de Carnaval típicas de Galicia, que sempre acompañan o omnipresente Lacón con Grelos. As Tortillas de Olvera e os Pestiños, de Cádiz, as Rosquillas e Tortas de abelás e noces do litoral asturiano ou o Tortel de Follado con nata e a Máscara de levadura (fermento), ambas as dúas típicas de Madrid.
Estendidas por toda a Península temos outras sobremesas clásicas como a Chula de Entroido, elaborado basicamente de masa de fariña e ovo, manteiga, azucre, fermento, sal e limón, e as Torradas, empapadas en viño na época festiva, e en leite en canto entramos na Coresma. |
 |
|
A Mellor Cociña de Carnaval |
 |
|
|
| |
 |
|
GALICIA - Playa Club (A Coruña).
Dous Soles na Guía Campsa.
Anden de Riazor s/n. 981 257 128.
Continúa en traxectoria ascendente este restaurante situado nun lugar privilexiado fronte á praia de Riazor. Durante todo o mes de febreiro ata mediados de marzo ofrecen na súa carta o clásico Lacón con Grelos e o Caldo Galego.
- El Refugio (A Coruña).
Un Sol na Guía Campsa.
Pza. de Galicia, 11. 981 610 803. En Oleiros, a 11 km da Coruña.
O seu éxito baséase na indiscutíbel calidade das materias primas. Ofertan a típica laconada aínda que preparada ao seu xeito nun abundante guiso con costela, garavanzos e a cabeza de porco ou cachola. De sobremesa as clásicas filloas e orellas.
- Casa Pardo (A Coruña).
Un Sol na Guía Campsa.
Novoa Santos, 15. 981 280 021.
Restaurante que mantén a súa posición de referencia dentro da gastronomía coruñesa. Ofrece un extenso Menú de Entroido só apto para estómagos resistentes. Consite en: roxóns prensados, sopa de cocido, prato de cocido composto de patacas, grelos, lacón, cabeza de porco, carne fresca, chourizo, garavanzos, óso de cana e acompañado dunha torta de torresmos. De sobremesa filloas (salgadas, feitas co caldo de carne), recheas de azucre, crema ou mel e orellas.
- Taberna de Rotilio (Sanxenxo).
Dous Soles na Guía Campsa.
Avda. do Porto, 7-9. 986 720 200.
Unha das mesas máis consolidadas de Galicia dirixida con sabedoría por Manicha Bermúdez. Durante todo o mes de febreiro ata entrado marzo podemos degustar a clásica laconada, con orellas e filloas de sobremesa. Estas presentan unha novidade este ano, sérvense recheas de mousse de castaña á augardente tostada.
|
|
|
| |
 |
|
PAÍS VASCO - El Frontón (Tolosa)
Pº de San Francisco, 4. 943 652 941.
Cociña tradicional levada por Roberto Ruiz, un cociñeiro que domina as técnicas máis actuais. Toda a semana de Entroido se pode degustar un menú feito cos produtos máis exquisitos da zona. É xa toda unha tradición que reúne sempre as mesmas familias, polo que convén reservar con tempo. Este ano ofrecen: entrantes de xamón e gambas. Pescada seguida de solombo, como pratos principais, e torta de xema de sobremesa. Acompañado de viños crianza da Rioxa e licores. Prezo: 50 euros.
- Sausta (Tolosa)
Pº Belate, 7-8. 943 655 453.
Á fronte deste restaurante Mikel Zuaznabar continúa demostrando as súas habilidades culinarias para compracer unha fiel clientela. Elabora un menú abundante e delicioso de Entroido que merecería por si só unha viaxe para coñecer Tolosa. Consiste en: Lasaña de piquillos con tomate confeitado e delicias de parrulo. Roliños crocantes de ajoarriero. Chopo de sorbete de limón ao cava. Medallón de peixe sapo rebozado con crema de lagostinos. Solombo con asado de queixo de cabra e crema de piquillos, e de sobremesa, torta de templada de reinetas con crema de arroz con leite. Viños e cafés. Prezo 39 euros.
|
|