Inicio Contacto Tenda Usuarios Rexistrados
RutasRueirosMapasTurismoGastronomíaClub Guía Campsa


Fervor relixioso e mundanal festa no Pilar de Zaragoza
Do 6 ao 14 de outubro, Zaragoza imbúese no máis puro espírito festivo, en perfecta convivencia co fervor relixioso. A Virxe do Pilar agarda os seus fieis para vestir o seu manto de flores, mentres a cidade ferve na efervescencia propia das festas patronais. En Zaragoza, o cortés non é incompatible co galante
Solemnidade relixiosa
Vista general de la Basílica del Pilar

As festas de Zaragoza conseguen conciliar e contentar todos os espíritos. A Virxe do Pilar auspicia as celebracións que se realizan en torno á súa persoa, tanto os actos máis solemnes ata as espontáneas mostras de xúbilo. Todo ten cabida en Zaragoza, propios e estraños que pronto se sentirán como na casa, son benvidos para celebrar a semana grande da cidade. 

Solemnidade relixiosa
Plaza de las catedrales

 

Os festexos do Pilar representan unha ocasión única para gozar da beleza solemne dos actos relixiosos máis populares. O 12 de outubro é o día da santa patroa, festividade que os aragoneses agardan cada ano con gran devoción. A xornada comeza coa solemne misa de Infantes, acto relixioso que se celebra de madrugada no altar maior da basílica do Pilar. Ás doce do día doce ten lugar o acto máis popular, cuxa inusual beleza percorreu todos os confíns do mundo.

 Trátase da ofrenda floral, na que miles de persoas ataviadas co traxe rexional aragonés portan ramos ou centros de flores ata as portas do Pilar. Tampouco faltan os visitantes que se achegan á virxe con roupas típicas doutras rexións ou incluso doutros países. A procesión culmina na Plaza de las Catedrales, onde a virxe agarda pacientemente sobre unha estrutura metálica a que un batallón de voluntarios vaian tecendo con flores o seu manto. É tal a devoción que esperta o acto que as lágrimas afloran dos ollos dos fieis, cuxa procesión ata a figura da virxe se prolonga durante máis de oito horas. No ano 2005, foron 378 grupos os inscritos para participar no conmovedor evento, cifra que aumenta día tras día. 

A tradición da ofrenda floral remóntase ao año 1952, cando unha delegación do goberno consistorio zaragozano viaxou ata Castellón da Plana para observar unha celebración similar, idea que importaron á capital aragonesa. Porén, non foi ata 1958 cando o manto da virxe foi vestido por primeira vez en Zaragoza. Non houbo de pasar moito tempo ata que a festa superou en magnitude de maneira colosal á súa predecesora.

Misa pontifical, o silencioso clamor
Alfajeria
Tras a ofrenda floral á Virxe, a basílica do Pilar acolle a misa pontifical en honor á santa patroa. Sorprende o clamoroso silencio e o fervor co que os devotos elevan pregarias á Virxe do Pilar. O día 13 proseguen as mostras de cariño á Virxe do Pilar, celebrándose nesta ocasión a ofrenda de froitos. Cun percorrido similar á das flores, nesta procesión preséntanse ante a Virxe os máis variados froitos da fértil terra aragonesa. A celebración desta procesión é anterior á ofrenda das flores, xa que a súa primeira edición data do ano 1949.
Rosario dos heroes
Cartel del Festival Independiente de Zaragoza '07
Un espectáculo sen igual no mundo, o desfile do rosario de cristal une relixiosidade e arte. A procesión que parte da igrexa do Sagrado Corazón na madrugada do día 13 consta de 29 carrozas de cristal iluminadas desde o seu interior. Polo menos unha quincena representan os misterios do rosario. As carrozas marchan acompañadas dun bo número de farois e estandartes e portadores cos que percorren as principais arterias da cidade. A súa orixe remóntase a 1889, época na que os pasos eran portados a ombros. Non foi ata 1926 cando se abandonou esta práctica e houbo que agardar a 1940 para que o seu interior fose iluminado con luz eléctrica.
O retorno dos heroes
Fangoria en concierto

As festas do Pilar son o marco idóneo para que se produzan milagres. Un clima propicio para acoller o retorno musical dun mito da década dos 80.  Despois de anos de separación, as festas do Pilar son o escenario do retorno dos Héroes del Silencio. E os rapaces de Bunbury farano por partida dobre, os días 10 e 12. Con todas as entradas vendidas poucas horas despois de saír á venda, na Romareda volverán a oírse os himnos dos Héroes. 

Os Héroes del Silencio non serán os únicos que actuarán durante as festas do Pilar. O Pabellón de Vadespartera albergará as feiras da Oktoberfest, o circo e dous escenarios cubertos con capacidade para 20.000 espectadores. Nesta carpa terá lugar o FIZ’07, Festival de Música Independente de Zaragoza. O día 6 actuarán Travis e Fangoria. Muchachito Bombo Infierno e Kiko Veneno tomarán o relevo o día 7. Nacha Pop e Los Secretos actuarán o día 9, o Festival do Hip-hop reunirá a artistas da talla de Mala Rodríguez, La Excepción ou Asian Dub Fundation. Pecharán o festival Pet Shop Boys o día 11 e os dous paxaros dun tiro de Serrat e Sabina o día 13.

  © Repsol YPF 2001-2008 Mapa Web Nota Legal Proteción de datos Contacto Boletíns
repsolypf.com é membro de Confianza En liña e asume e actúa segundo o seu Código Ético de Comercio Electrónico e Publicidade Interactiva