|
|
 |
|
Unha liña litoral tranquila e que conserva o encanto natural
|
 |
|
Situada ao sueste da Península Ibérica, a provincia de Almería presenta gran disparidade paisaxística. En torno ás súas costas, que se atopan entre as máis tranquilas do Mediterráneo, altérnanse modernos centros turísticos con espazos naturais apenas alterados polo home. As súas temperaturas, calorosas en verán e agradábeis en inverno fan do litoral da provincia un lugar para visitar todo o ano.
|
 |
 |
|
Areais marcados polo turismo |
 |
Pódese iniciar o percorrido polo seu litoral ao norte, na fermosa vila de Vera, para unha primeira toma de contacto coas praias da zona; limpas, de area branca e fina. Ideais para o repouso e aínda así, ben dotadas de zonas de ocio. O municipio conserva parte da súa orixe árabe e romana no Museo Arqueolóxico, que merece a pena visitar, xunto ás covas de Almanzora. A explosión turística dos últimos anos chama a atención na praia de Mojácar, que combina deportes acuáticos, gastronomía mariñeira e locais de marcha nocturna. A fermosa vila encalada apártase do bulicio desde o alto da Serra Cabrera. Pola súa parte Garrucha é unha vila mariñeira cuxo porto pesqueiro e a súa lonxa de poxas encandean ao visitante con nostalxia. Salienta tanto a vertente arquitectónica do Castelo de Jesús Nazareno como a natural da fermosa praia da Garrucha.
|
 |
|
Vilas mariñeiras |
 |
A costa leva ata Carboneras, con espectaculares praias como a dos Muertos ou Algorrobico. Tras pasar a vila pesqueira de Agua Amarga, chégase a Las Negras, outra vila que viviu ao longo da historia da pesca artesanal. A cociña mariñeira de todas estas vilas é unha verdadeira delicia. Pronto se verá o visitante inmerso no parque do Cabo de Gata, unha zona árida onde a choiva rara vez fai acto de presenza e que culmina no Faro da propia vila de Gata. |
 |
|
Almería capital |
 |
|
Pasando pola urbanización de Retamar para escrutar o horizonte desde a ermida de Torregarcía, chégase á máis oriental das capitais andaluzas. Hai que destacar un legado monumental que conta coa maxestosa Alcazaba, a Catedral, a Mezquita Mayor, a Basílica de Nuestra Señora del Mar e as igrexas de Santo Domingo, San Pedro e a de San Sebastián. O seu entorno, bríndanos ecosistemas semidesérticos e praias case virxes.
|
 |
|
O paraíso do golf |
 |
|
| |
|  |
Preto da capital está o núcleo turístico máis importante da provincia, Roquetas de Mar cunha sorprendente oferta hoteleira así como unhas instalacións moi preparadas para a práctica de deportes de ocio. Por un lado os náuticos, como o windsurf, moi frecuente en Playa Serena. Polo outro, o golf, no extenso campo de 18 buratos da Urbanización Roquetas.
Afastado deste furor turístico, a vila de Roquetas tamén conserva as súas tradicións, como a poxa de peixe na lonxa. No tocante a monumentos, non hai que pasar por alto o Castelo de Roquetas, o Faro de Sabinar e a Torre vixía de Cerrillos.
Proseguindo o arco que describe a costa, chégase a Almerimar, unha luxosa urbanización que emerxeu en pleno Deserto de Tabernas. Por isto, todo aquí está pensado para o turismo: un extraordinario campo de golf, xardíns, porto deportivo, infraestruturas hoteleiras, etc. Para quen busque natureza, cerca está a Reserva Natural de Punta Entinas-Sabinar, refuxio de aves acuáticas. Dentro da reserva atópase a naturista Praia de Cerillos e o Faro, onde se practica a fotografía submarina.
|
 |
|
Hoteis en plena natureza |
 |
O litoral leva a Balerma e Balanegra, pequenas vilas onde a pesca artesanal segue sendo fonte de vida. Un pouco ao interior atópase o curioso mosaico de invernadoiros que dá imaxe a El Ejido, así como Berja, antiga cidade romana cos seus caños de auga que baixan desde Sierra Nevada. Volvendo ás tranquilas praias, o visitante é conducido ata Adra, poboación de orixe fenicia que linda coa provincia de Granada. A forma de vida tradicional deste municipio foi a agricultura e pesca, pero nos últimos anos está a vivir unha certa reconversión turística. Posúe grandes complexos hoteleiros ben integrados nun entorno privilexiado, sen agredir demasiado o medio natural. Unha riqueza representada pola Reserva Natural da Albufeira de Adra, onde as aves migratorias paran para nidificar e descansar nas súas viaxes, para beneficiarse da cálida costa almeriense, ao igual que os propios turistas.
|
|