 
A mítica montaña de Gorbeialdea
|
|
|
 |
|
Situada entre Álava e Biscaia álzase un cume moi enraizado na mitoloxía vasca
|
 |
|
Sendo o País Vasco unha terra moi vinculada ao monte, o cume do Gorbeia foi tradicionalmente un símbolo moi especial para os vascos. Con 1.418 metros de altura, esta cima accesíbel por todas as súas vertentes, insírese no Parque Natural do Gorbeia, 20.016 hectáreas de prados e bosques repartidas entre Biscaia e Álava, moi frecuentadas por montañeiros e paseantes. O seu clima extremo fai que o outono sexa unha época idónea para visitalo.
|
 |
 |
|
Flora e fauna |
 |
|
Os extensos dominios do parque recollen unha auténtica representación das especies típicas de montaña. Entre elas figuran a marta, gato montés, cervo, azor, gabián e a aguia calzada ademais de outras moitas. Algúns protagonizan espectáculos dignos de apreciar como o bruído dos cervos en época de celo. A súa flora é tamén rica e variada, abondando as carballeiras, faiales, carballeiras de cerquiños, matogueiras e pradarías montesas. |
 |
|
Mitoloxía e tradición montañeira |
 |
|
|
| |
 |
|
Unha comunidade tan rica en mitoloxía propia tiña forzosamente que asociar parte do seu imaxinario a esta misteriosa cima e os seus arredores. Nestas paraxes habita Mari, nai de Atabarri e Mikelatz, as representacións vascas do ben e do mal. Aínda que a lenda é imprecisa e abstense de marcar un punto exacto, a referencia ás cavernas vascas apuntan que esta dama se movía entre o demos do Gorbeia e as rochosas paredes do Anboto, onde aínda hoxe acoden pastores en procesión para honrar a esta divindade e pedirlle protección no desenvolvemento do seu labor. Non só iso, a cruz de Gorbeia é un dos emblemas do montañismo vasco. A súa orixe, xa cristiá, está na recomendación do papa León XIII de conmemorar o novo século con cruces nas montañas. En 1899, o párroco de Zeanuri embárcase no proxecto de construír unha cruz de 33 metros, tantos como anos tivo Cristo. A súas pezas subíronse en carros de bois e colocáronse en 1901 para ver como un mes máis tarde era derribada por un vendaval. Tras outro intento errado, o terceiro proxecto reduciu o tamaño a 17 metros, coa súa estrutura metálica e colocouse en 1907. Esta resistiu as bombas da guerra civil e é a que aínda se conserva en pé. |
 |
|
De ruta polo parque |
 |
|
| |
|  |
Pódese comezar a visita ao parque no val de Zuia, onde se aprecia o entorno cultural nos casaríos. A capital é Murguía, unha bonita vila edificada nunha chaira que se articula arredor da súa rúa principal con modestas xoias monumentais. Preto está Sarría, desde onde se accede a Casa del Parque tras cruzar a medieval Puente Blanco. Esta é unha área recreativa onde preparar rutas pola zona, obter información, comer, etc. Desde aquí pódese emprender un paseo en chan ata a ponte de Arlobi, sombreada por un belo bosque de ribeira co arrolo dos paxaros e o río Bayas. Polo camiño atópase a casa e colmeas de Aldarro, unha fonte ferruxinosa e tras un breve ascenso, un domen reconstruído de cinco metros de altura. En xeral esta vertente sur é a máis amábel para emprender un ascenso á montaña. Existen multitude de camiños, case un desde cada vila, así como outras rutas marcadas polo pastoreo e antigos moradores. Tomando a senda de Egillolarra, a marcha sairía da vila de Murua, flanqueada pola estrada e o río Zubialde ata que o asfalto se afonda na espesura do faial e da carballeira. Deseguido o excursionista atópase co muíño hidráulico de Murua, unha reliquia da época na que había que moer a fariña para facer o pan. Segundo se gaña altura, divísase unha zona de encoros e ao chegar a un cerrume hai que abandonar a estrada. Á dereita unha cruz marca tres rutas de ascensión, sendo a central a máis directa. Continúa o ascenso entre árbores frondosas ata un miradoiro das antigas canteiras de Murua. Pronto o camiño somérxese nun uniforme bosque de faias. A seguinte bifurcación ofrece ao camiñante a posibilidade de subir directamente ou rodear para achegarse a unhas profundas covas de máis de 12 quilómetros de galerías. Retomando o ascenso comezan a aflorar restos de carboneiras e vellas chabolas pastorís. A senda está ben delimitada e nos cruces hai marcas de pintura indicativas. |
 |
|
Ascenso a La Cruz |
 |
|
A suba a La Cruz só está recomendada para os visitantes máis en forma, xa que pese á baixa dificultade da marcha, os seus 12,4 quilómetros deixan pegada. O frondoso faial dá paso á apertura entre os fentos e breixos e tramos de duras ramplas que levan ao outeiro e as ruinosas chabolas de Egillolarra. A senda pasa xunto a unha antiga fonte e ascende as lombas de Arroriano ata o seu outeiro, desde o cal se divisa xa o símbolo, así como excelentes vistas dos penedos de Igiñiger. A partir de aquí o camiño é un paseo polas lombas moles de herba ata a redondeada cima presidida pola Cruz. |
|