|
|
 |
|
As datas máis sinaladas do ano celébranse en España entre ricas tradicións
|
 |
|
A pesar de que o Nadal comeza o 24 de decembro, o seu espírito anticípase en España varias semanas. Xa en novembro comezan os traballos de iluminación en rúas e comercios e incluso os máis ansiosos preparan os seus adornos no fogar e engalanan os seus balcóns. É un fenómeno que parece que se dá cada ano de forma máis temperá, como se o país estivese impaciente por vivir unha vez máis estas entrañábeis datas marcadas polas reunións con amigos e familiares.
|
 |
 |
|
O aviso da lotaría |
 |
|
Parece que hoxe en día a verdadeira anunciación de Cristo a exerza o azar. E é que o tradicional Sorteo Extraordinario da Lotaría de Nadal é o primeiro gran acto que avisa de que comezan as festas. O día 22 pola mañá todo o país está pendente dos nenos do Colexio de San Ildefonso de Madrid que cantan os números gañadores e esperan resultar agraciados co “Gordo”. Este sorteo foi instaurado en 1763 polo Rei Carlos III e xamais fallou unha edición. |
 |
|
Noiteboa: Aguinaldo e Misa do Galo |
 |
O primeiro festivo é o día 24, no que ten lugar a celebración da Noiteboa. A familia reúnese nas casas a carón das árbores e dos beléns, representacións do lugar onde naceu Xesús, onde non faltan María, Xosé, o boi, a mula ou os pastores. Esta tradición provén do século XIII da man de San Francisco de Asís, que instalou un presebe dentro dunha cova para celebrar a misa de Noiteboa. A tradición estendeuse por Italia e Carlos III tróuxoa a España no século XVIII.
Tradicionalmente é tamén o día de pedir o aguinaldo, unha tradición que apenas se conserva. Grupos de nenos percorren as casas dos seus veciños cantando panxoliñas con pandeiretas e zambombas, a cambio dunhas moedas ou doces típicos. Polo lado da fe, séguese celebrando a nocturna “Misa do Galo”. O seu nome ven da lenda sobre este animal, o primeiro en presenciar o nacemento de Xesús e anuncialo ao mundo. Outra típica celebración é a do Día dos Santos Inocentes, o 28 de decembro, que rememora a matanza de nenos a mans do rei Herodes en Xudea. É un día con licenza para as bromas e no que hai que permanecer en garda incluso ante xornais e telexornais, para que non che tomen o pelo con algunha noticia imposíbel. |
 |
|
Noitevella |
 |
|
O ano chega á súa fin coa celebración da Noitevella. Outra cea familiar tras a cal, á media noite, tómanse as uvas da sorte ao ritmo das 12 badaladas dos reloxos nas cidades. A badalada final anuncia o novo ano e dá paso ao xúbilo, á escalada de bengalas e fogos de artificio, a brindar con cava ou champaña e a felicitar o novo ano a todo aquel co que se poda un atopar. É típico entón saír da casa, normalmente a festas con baile chamadas cotillóns. Ademais é o momento de facer bos propósitos para o ano novo que comeza. |
 |
|
Noite de Reis e regalos |
 |
Por suposto unha das tradicións máis populares é facer regalos a familiares e amigos. Aínda que a globalización e a impaciencia por recibir o presente canto antes favorece a Papa Noel, as maxestades da tradición española son os Reis Magos. Na noite do 5 de xaneiro teñen lugar vistosas cabalgatas, onde pasean os reis cos seus camelos e luxosas carrozas. Tras o espectáculo, os nenos deixan os seus zapatos á vista e van durmir para deixar aos Magos de Oriente facer o seu traballo. Ao día seguinte recóllense os regalos e almórzase co roscón de Reis, un bolo de masa fina en forma de anel adornado con anacos de froitas recubertas de azucre, que intentan simbolizar os rubís e as esmeraldas que adornaban os mantos dos tres Reis Magos. No seu interior agóchase unha pequena sorpresa, que coroa como rei da casa a quen a atope. |
 |
|
Sobremesas de Nadal |
 |
E é que o Nadal é ante todo unha data doce e como tal non escatima en sobremesas tradicionais coas que alegrar o padal. Sas lambetadas que xa comezan desde as figuriñas de chocolate que adornan as árbores e teñen no mazapán, no polvorón e nos turróns os seus grandes piares. De denominación toledana, as figuriñas de mazapán son unhas típicas confeituras douradas a base de améndoa moída, azucre e pintadas con ovo. Pero sen dúbida é o turrón a sobremesa de Nadal máis abundante. Hoxe en día consúmense turróns dos máis sorprendentes sabores, aínda que tradicionais só hai dúas clases e a súa base ten que ser a améndoa. Son o turrón de Xixona, de textura branda e o de Alacant, máis consistente e duro, ambos os dous procedentes da mesma terra alacantina. Por encima doutras especialidades territoriais, salienta tamén o polvorón, xeralmente andaluz ou toledano. |
|