 
A Ruta do Código Da Vinci
|
|
|
 |
|
O best-seller de Dan Brown non só apunta imposíbeis misterios, senón que incita ao lector a visitar igrexas e museos carismáticos
|
 |
|
En todo un símbolo converteuse “O Código Da Vinci”, polémica e trepidante novela de misterios e aventuras que mestura mito e realidade furgando no escuro terreo das loxas e a súa interrelación coa arte ao longo da historia. Nas súas pescudas, os protagonistas son levados por lendarios escenarios de París, Londres ou Edimburgo. Tal é o entusiasmo acadado por algúns lectores, que xa son multitudes as que se animaron a percorrer este itinerario, talvez coa esperanza de descubrir algunha intriga oculta.
|
 |
 |
|
Museo do Louvre |
 |
|
| |
|  |
O percorrido do viaxeiro emulando os pasos de Robert Langdon arranca en París. Para ser do todo rigorosos, habería que partir dun dormitorio renacentista do luxoso Hotel Ritz. A primeira cita cos enigmas do libro vivirase no Museo do Louvre. Aquí, aínda que o peregrino non investigará ningún asasinato nin poderá indagar tan a fondo nas perendengues da Mona Lisa, si poderá admirala xunto a outras obras universais como a Venus de Milo, a Victoria de Samotracia ou o Escriba Sentado. E non pór cinguirse ao argumento habería que deixar pasar creacións de autores tan reputados como Jacques-Louis David, Goya ou Zurbarán ou os espléndidos restos das civilizacións grega e exipcia. Non se pode senón apreciar tamén a arquitectura do Palacio do Louvre, que naceu como fortaleza no século XII. O recinto foi completándose con engadidos renacentistas ata a súa actual configuración, finalmente culminada coa pirámide de cristal de 1989, que sirve como entrada. Parte do complexo abriuse por primeira vez como museo en 1793 durante a Revolución Francesa. Ata 1870 estivo unido ao palacio das Tullerías formando un so conxunto, cando este foi destruído nos sucesos da Comuna de París. Tamén haberá que achegarse á pirámide invertida do Centro Comercial Carrousel do Louvre, antítese da situada no centro do museo, ambas do arquitecto Ming Pei. |
 |
|
Saint Sulpice |
 |
|
|
| |
 |
|
Desde aquí hai que desprazarse á Igrexa de Saint-Sulpice pola que pasa a "liña rosa", un antigo meridiano que parte dun obelisco concibido como calendario solar. Preto se atopa o candelabro de bronce, de mortal protagonismo no libro. Trátase da segunda igrexa máis grande de París, só superada por Nôtre Dame. Fundouse no século XII aínda que o edificio actual comezou a ser construído cinco séculos máis tarde. Ademais, alberga o maior órgano de Francia, que data de 1862. O seu propio párroco, desbordado pola afluencia de visitantes entusiastas da obra e preocupado por que estes non saiban discernir realidade de ficción, intenta frear o mito. Así o indica unha placa de recente colocación que desminte tanto que a igrexa sexa vestixio dun templo pagán como que as iniciais das vidreiras correspondan a unha sociedade secreta, sendo a versión oficial que se refiren a San Pedro e San Sulpicio, patrón da parroquia este último. As andanzas de Robert Langdon e Sophie levarán entón ás aforas da cidade, aos arredores de Versalles. En pouco máis de media hora chégase a Château de Villette, un fermoso castelo coñecido como o “pequeno Versalles”. Rematado en 1696, o edificio conta con 18 habitacións, ocupa 75 hectáreas e é propiedade dunha empresa norteamericana que organiza estancias temáticas en torno á novela con coloquios e visitas guiadas. |
 |
|
A ruta por terras británicas |
 |
|
Cruzando o canal da mancha, a próxima cita será Londres e a súa Igrexa do Temple de curiosa estrutura circular, epicentro da orde en Gran Bretaña. Sen cambiar de cidade haberá que visitar a Abadía de Westminster, obra definitiva da arquitectura gótica en cuxo interior atópase a tumba de Isaac Newton, fundamental no libro para descifrar o código. Tamén corren as andanzas dos investigadores pola National Gallery, onde é necesaria unha parada ante o cadro de A virxe das Rochas. Un último punto de interese alberga Escocia. Trátase de Rosslyn, pequena vila a 11 quilómetros de Edimburgo e a súa capela, cruzada por outro meridiano. |
|