|
|
 |
|
Cada 15 de agosto celébrase a Verbena de la Paloma, unha das festas máis importantes do calendario madrileño, que conserva o sabor popular de antano
|
 |
A riqueza cultural española tivo historicamente un forte indicativo nas súas festas patronais e rexionais, moi ligadas á súa vida social. Como gran capital que é, Madrid sempre salientou como cidade avanzada que porén se nega a perder as súas tradicións. As súas festas e romarías son proba disto, en especial a castiza Verbena de la Paloma, que ten lugar cada 15 de agosto. Entre o 6 e o 15 de agosto, Madrid retrotráese á súa época máis castiza. Madrileños e madrileñas de pro visten as súas mellores galas como chulos e chulapas para honrar á virxe. As rúas tamén se enchen de colorido para celebrar tan enraizada festa, arredor da igrexa de San Pedro el Real.
|
 |
|
Orixe |
 |
A orixe da festa remóntase a finais do século XVIII, co comezo da devoción á Virxe da Paloma ao ser descuberto o lenzo que representa a súa figura na Calle de la Paloma. O cadro foi primeiro exposto no portal da casa, para ser en 1976 trasladado a unha pequena hermida. Comezou a tradición cunha Salve a noite do 14 de agosto e a misa o 15 e incluso se cree que xa entón era sacada en procesión. A veciñanza entregouse en adorar a esta virxe e fíxose necesario crear un novo templo en 1912, que alberga o lenzo desde entón. Esta nova santa pasaría así a compartir o padroado da cidade coa Virxe da Almudena e a Virxe do Carme. |
 |
|
A procesión do lenzo |
 |
Hoxe en día, centos de orgullosos madrileños achéganse á igrexa cada 15 de agosto para rezar uns minutos ante a Virxe Castiza. Outros simplemente co afán de gozar dos actos, que comezan coa popular baixada do cadro, o momento máis agardado. O lenzo da Paloma colócase nunha carroza adornada con caraveis de cores e é levada ata alí a ombros por un bombeiro da cidade. Esta carroza é actualmente pagada polo Concello pero houbo un tempo en que a compraba o propio pobo. O percorrido acostuma ser sempre o mesmo. O lenzo sae da igrexa e pasa pola rúa de Isabel Tintero e Gran Vía de San Francisco ata a Glorieta de Puerta de Toledo. Seguidamente ascende pola rúa Toledo ata a praza da Cebada, pasa pola Puerta de Moros e segue pola estrada de San Francisco ata a Basílica de San Francisco el Grande. Aquí o seu rumbo xira, subindo por Calatrava, para regresar pola rúa de la Paloma ata o templo. Unha vez aquí, colócase de novo no retablo e o pobo entoa a Salve. |
 |
|
Chulapos e chulapas |
 |
|
 |
| |
 |
|
A diferenza de procesións máis formais, aquí os chulapos compiten en desenvoltura proclamando con chulería, orixinais e divertidos piropos. A verbena é tamén a máis afamada da capital e é que ver a chulapos e chulapas bailar populares chotis do Mestre Agustín Lara a ritmo de organiño é sen dúbida unha das imaxes máis castizas que un visitante pode levarse de Madrid.
A indumentaria está marcada ao detalle; vestidos longos, cinguidos, mantóns de Manila e panos con caravel na cabeza para elas. O masculino é aínda máis minucioso; camisa branca amidonada, pantalón gris marengo de raias, chaleco a cadros, pano no pescozo de seda branco ou safo, gorra de medio lado ou parpusa e zapatos de charón negro ou calcos. Porén nos últimos anos a festa salientou polo seu carácter multicultural. A afluencia de visitantes de diferentes nacionalidades, así como a inmigración que acolle Madrid, integráronse neste ambiente tradicional da cidade, dando lugar a unha verbena castiza pero tamén de fusión. Ademais, o colectivo flamenco profesa unha forte devoción pola virxe, de aí que grandes figuras deste cante se poidan ver pola verbena. E non é para menos porque os madrileños son máis hospitalarios se cabe nestas datas. Os veciños acostuman convidar a limoada, sangría e vermú para combater a calor estival. A gastronomía é algo tamén fundamental na festa, non poden faltar as típicas gallinejas, os callos madrileños ou os bocadillos de luras, todos símbolos do comer madrileño. Os doces tampouco defraudan e os barquillos e churros atópanse presentes durante toda esta longa semana. |
 |
|
A festa continúa |
 |
|
Outros dos barrios máis castizos de Madrid tamén están de celebración por estas datas. Trátase de Lavapiés e Cascorro, cos seus festexos en honor de San Caetano e San Lourenzo, durante a primeira semana de agosto. Salientan nas primeiras os seus campionatos de ra e mus, así como o afán de conseguir unha das flores que adornan a carroza do santo, que asegura traballo e sustento durante todo o ano. San Lourenzo percorre en procesión a antiga xudería da cidade. A súa verbena celébrase con concursos de chotis e barrigudos.
|
|