Inicio Contacto Tenda Usuarios Rexistrados
RutasRueirosMapasTurismoGastronomíaClub Guía Campsa


As illas Cíes, A Toxa e Ons
O estuario das Rías Baixas alberga un conxunto de illas que son o seu maior tesouro. As Cíes, A Toxa e Ons describen paisaxes de película formando ecosistemas privilexiados
Islas Cies
Se Galicia é terra de mar, Pontevedra e as súas Rías Baixas simbolizan o máis caprichoso desta simbiose de terra e auga. Dentro deste magnífico estuario hai que renderse ante a maxia das súas illas. Desde o aspecto virxe das Illas Cíes ata o termalismo latente na illa de A Toxa, sempre é bo momento para descubrir a natureza insular da comunidade galega. 
A Toxa
Camping en las Cies

No corazón turístico de Galicia atópase a Illa de A Toxa. A súa maior fama débella ao seu prestixioso balneario, situado entre idílicas paraxes de intenso verdor que se reflicte na auga cristalina. O bo aproveitado contraste que este entorno atlántico produce ante o luxo das instalacións termais, é o gran acerto que provoca que as súas habitacións estean tan demandadas. 

A veteranía que lle dá o levar cen anos de funcionamento e as propiedades terapéuticas dos seus mananciais aseguran a eficiencia á hora de tratar afeccións desde respiratorias ata dermatolóxicas ou relacionadas cos ósos. Pero tamén fan as delicias dos máis sibaritas, que buscan gozar do ocio nun entorno de benestar e de riqueza natural. 

Os tratamentos empregan a máis moderna tecnoloxía  para aproveitar as augas mineralizadas en masaxes subacuáticas, chorro termal, baño turco, sauna finlandesa, sala de néboa ou jacuzzi, entre outros. Todo o necesario para superar o esgotamento e tamén se pór guapo. Pero a oferta de ocio do seu hotel de cinco estrelas complétase co seu casino, discoteca, club de golf, pistas de tenis, pádel, tiro ao voo, tiro con arco, piscinas, excursións marítimas, etc. 

E é que a illa en si é sinónimo de relax. Ao penetrar nela cruzando a ponte, o estrés quédase fóra e o visitante só será xa perturbado polos orgánicos murmurios da Ría de Arousa. O tempo parece deterse e o clima sorprende por unha suavidade inusitada no norte. Para gozar de praceres máis mundanos, nada como achegarse a O Grove a probar o seu marisco. 

Parque Natural das Illas Atlánticas
Faro de Ons
Dentro das Rías Baixas salienta polo seu excelente estado de conservación o Parque Nacional das Illas Atlánticas, paraíso de praias e acantilados poboado por aves mariñas. Trátase dun entorno de extrema biodiversidade conformado polas Illas Cíes, e as illas de Ons, Cortegada e Sálvora. Catro grupos de illas que ofrecen unha cara salvaxe e acantilada ao oeste, que mira cara o Atlántico, mentres cara o interior se suavizan coa harmonía das súas dunas.
Illas Cíes
Canexol en Ons

As máis famosas embaixadoras desta grandeza ecolóxica son as Cíes, un arquipélago onde a riqueza natural asoma a cada recuncho entre as súas augas e formacións rochosas. Un paraíso apreciado pola gaivota patiamarela ou o corvo mariño cristado, auténticos habitantes que só permiten pasar a noite a 800 humanos no seu cámping, único lugar onde pasar a noite na illa. Outra restrición é a do tráfico marítimo, que non pode superar as 2.200 persoas por día.  

Entre paseos polos seus areais, covas e acantilados hai que descubrir o patrimonio dos seus fondos mariños, os seus bosques de algas, a súa variedade de peixes, crustáceos e moluscos e incluso a presenza de varias especies de golfiños que saúdan ao visitante se se anima con algún pequeno cruceiro pola zona. Ademais as illas contan con algún valor cultural importante, como é o caso do seu poboado prerromano.

Ons
Islas Cies

Pechando a entrada á da ría de Pontevedra, atópase esta illa, a segunda en extensión de Galicia, que forma parte dun arquipélago xunto outros illotes. A súa poboación durante o ano é moi escasa e as súas nove aldeas apenas rexistran actividade humana ata o período estival. Isto xa basta para que dentro da tranquilidade, rexistre unha animación superior ás Cíes. Tamén se diferenza por un aspecto máis boscoso e unha maior oferta de rutas de sendeirismo.

As súas praias salientan pola fina area e a limpeza tanto de areais como de auga. Cómpre salientar que todo visitante debe procurar preservar esta paisaxe tan inmaculada. Unicamente atópanse leves e agochadas mostras de que está habitada polo home nos seus nove pequenos poboados e nas pistas de terra que a percorren, incluso estando a electricidade restrinxida a unhas poucas horas ao día. Afortunadamente unha destas mostras é o seu delicioso pobo en caldeirada.

MÁIS INFORMACIÓN

Turismo Rías Baixas
Pza. Santa María, s/n  36071 (Pontevedra)
Tel.: 986 842 690
www.riasbaixas.org
inforb@riasbaixas.org

Centro de Interpretación Illas Cíes
Mosteiro de Santo Estevo (Illa do Faro)
Tel.: 986805469

Cómo chegar:
Naviera Mar de Ons, S. L.
Tel: 986 22 52 72
www.mardeons.com

  © Repsol YPF 2001-2008 Mapa Web Nota Legal Proteción de datos Contacto Boletíns
repsolypf.com é membro de Confianza En liña e asume e actúa segundo o seu Código Ético de Comercio Electrónico e Publicidade Interactiva