 
As praias salvaxes do sur
|
|
|
 |
|
Pese á explosión turística, Andalucía conserva pequenos paraísos ocultos en forma de areais
|
 |
|
A franxa costeira andaluza é un apreciado destino vacacional. Isto propiciou nos últimos anos unha progresiva masificación nos areais situados en torno aos grandes núcleos de poboación ou as urbanizacións de nova creación. Por fortuna, aínda son numerosas as praias virxes das que se pode gozar nestas provincias do sur. As praias salvaxes de Andalucía son todo un paraíso ao alcance de calquera.
|
 |
 |
|
Huelva |
 |
|
| |
|  |
A provincia de Huelva por fortuna soubo escapar do turismo masivo existente noutras zonas da costa andaluza. É por isto un dos lugares menos visitados e polo tanto máis sosegados de Andalucía. Un dos seus maiores tesouros é o Parque Nacional de Doñana, que preserva dunas e areais rodeados de bosques de piñeiro, unha estampa apreciábel nos 20 quilómetros de Playa Castilla, en Almonte. Este refuxio de abruptos acantilados é de carácter protexido polo que non se poden realizar actividades que poidan danar o entorno, como campings ou grellas.
A zona de Isla Cristina, próxima a Portugal, salienta polo entorno de marismas do que gozan as súas praias. Aquí pódense atopar pequenas calas recónditas e desprovistas de servizos como Punta del Caimán ou Playa Redondela, esta última rodeada de eucaliptos. En Ayamonte, preto da fronteira descóbrese Punta del Moral, unha praia de tipo rural, augas tranquilas e area dourada, nun entorno verde case virxe, que é outra boa opción para gozar sen agonías de sol e mar. No municipio de Lepe atópase a Nueva Umbría, unha praia virxe e nudista enclavada na Paraxe Natural de Piedras e Nueva Umbría. As súas infraestruturas son moi escasas pero aínda así é moi frecuentada por afeccionados ao naturismo e pescadores.
Por último, destaca Punta Umbría con dúas praias illadas e extensas de area dourada nas inmediacións da desembocadura do Río de la Bota e da Ría de Huelva. Son a Playa de la Bota, nun entorno de piñeirais e dunas e a dos Enebrales, ideais para gozar da natureza en estado puro. |
 |
|
Cádiz |
 |
|
|
| |
 |
|
A provincia de Cádiz tamén goza de abundantes praias inmaculadas e sen masificar. Non en van é a provincia andaluza con maior número de quilómetros de litoral illado, sen ningún tipo de edificación á vista.
En Bolonia está a praia do mesmo nome, protexida por unha enorme duna dos ventos do norte e caracterizada pola súa area dourada con algunhas zonas naturistas. Ás aforas de San Fernando está a de El Castillo, de difícil acceso, nun entorno de piñeirais, dunas e marismas. Outra das máis fermosas praias salvaxes gaditanas é a de Torrecarbonera, en San Roque, xunto ao límite con La Línea de la Concepción. Está moi pouco concorrida e salienta pola súa area escura.
En Costa Ballena tamén hai algunhas praias naturais dignas de mención. A carencia de servizos é suplida con creces con paisaxes que resistiron á acción do home. Entre estes salvaxes areais salientan Arroyo Hondo, Punta Candor e La Ballena, todas elas de extrema beleza virxe, area branca e fina, cristalinas augas e rodeadas do verdor de piñeiros e campos. Son idóneas para a evasión, dada a súa tranquilidade, especialmente en inverno. |
 |
|
Málaga |
 |
A Costa del Sol é unha zona ben coñecida polas súas urbanizacións, os seus luxosos complexos hoteleiros e as súas praias dotadas de todos os servizos. Aínda así se atopan algúns areais que conseguen fuxir do bulicio estival. O mellor exemplo é a Playa de Cabopino, en Marbella, preto de Fuengirola. A pesar de non estar illada, preserva unha dourada paisaxe de dunas, con zonas onde se practica o nudismo. |
 |
|
Granada |
 |
A provincia de Granada acolle na súa Costa Tropical numerosas praias onde se escapar. En Albuñol atópanse as praias do Ruso, La Playita ou El Gaiterillo, en Sorvilán a de Las Cañas ou a Cala de en Castell de Ferro, todas caracterizadas pola ausencia de servizos e tamén de concorrencia. Na localidade de Motril salienta a das Azucenas, con afluencia media de público pese a súa situación illada entre o Puerto e Torrenueva. En Salobreña faino El Caletón, con fondos mariños aptos para o mergullo ou El Cambrón, limitando con Almuñecar. Nesta última localidade o máis salvaxe que se pode atopar é a pequena praia nudista de Cantarriján, ou o conxunto de pequenas calas illadas de Calaiza. |
 |
|
Almería |
 |
|
|
| |
 |
|
A provincia de Almería conta cuns 214 quilómetros de litoral, onde existen todo tipo de praias. Unha boa opción en Mojácar é a praia de area avermellada de Las Granatillas, pouco concorrida e de difícil acceso, ao igual que Los Cerrillos, en Roquetas. Aínda que sen dúbida as máis virxinais están nas inmediacións do Parque Natural de Cabo de Gata. Nel salientan Las Salinas de Cabo de Gata ou La Almadraba de Monteeleva, a primeira de area branca, a segunda dourada, ambas de extrema pulcritude e fermosa paisaxe, con gran variedade de aves. Outras praias protexidas á calor da Reserva da Biosfera son Amoladeras, Torregarcía ou El Toyo, todas na zona da capital. A localidade de Níjar aglutina outras tantas, como Punta Polacra, Los Escollos, Cala de El Plomo ou as agochadas Calas de Monsul, cuxo denominador común son as augas tranquilas e a baixa ocupación. Máis areais a destacar son a acantilada Cala Arena, os fermosos fondos mariños de Los Genoveses e El Esparto, a fermosa estampa de Playazo ou a de Rodalquilar, nun desértico e sosegado entorno.
|
|