Inicio Contacto Tenda Usuarios Rexistrados
RutasRueirosMapasTurismoGastronomíaClub Guía Campsa


As Rías Baixas
O estuario máis grande de Galicia agarda na costa pontevedresa
Na costa de Pontevedra localízanse as Rías Baixas, o maior estuario galego, caracterizado polas súas fermosas praias e acantilados. Di a lenda que este fermoso estuario é o sinal deixado por Deus, que apoiou a súa man aquí para descansar despois de crear o mundo. Así quedou a marca dos seus dedos, cinco rías de divino aspecto que ben poderían encaixar no mito.
Arousa
En realidade a súa formación é froito da erosión  provocada pola auga xunto cos movementos da terra. Hai millóns de anos, os antigos vales foron invadidos polo mar, xeraron amplos espazos naturais de auga salgada que conservaban as mareas pero que quedaban protexidos do océano aberto, o que facilitou o desenvolvemento dun ecosistema único.

Sanxenso
San Xenxo

Esta dinámica localidade é a capital do turismo na rexión. A súa poboación é nova, especialmente en verán e o seu desenvolvemento urbanístico é moderno, grazas á explosión turística, que transformou a cidade a redor da súa xubilosa vida nocturna e sobre todo a súa praia. Os máis de 4 quilómetros de areal que responde ao nome de A Lanzada, divídense entre O Grove e Sanxenxo, sendo un dos máis visitados de Galicia. Conta cun santuario ao que algunhas lendas lle atribúen influencia na fertilidade.

Centro do turismo náutico é o porto, que ofrece posibilidades de fondeo especialmente para naves de pouco calado. Estas comparten o espazo coas pequenas embarcacións de pesca que pescan no interior da ría. Dó seu humilde pasado pesqueiro queda pegada no barrio dos pescadores, así como nas súas aforas. O mesmo sucede con Portonovo, vila mariñeira próxima de similares características. O tipismo do seu porto fai deste un dos recunchos con maior encanto das Rías Baixas.

Pero Sanxenxo non é o único precioso enclave desta rexión. Cara Pontevedra, bordeando a península do Morrazo, hai recónditos lugares como as enseadas de San Simón, Aldán, Bueu e o cruceiro de Hío. A un paso da capital está Combarro cun dos mellores conxuntos de ‘hórreos’ e ‘cruceiros’ da comunidade. Trátase respectivamente de celeiros e cruces de pedra sobre un piar, típicos galegas. Preto está o Mosteiro de Poio e máis arriba o de Armenteira, ambos edificios de lenda.

Parque Nacional das Illas Atlánticas
Cies

Dentro do marabilloso entorno das Rías Baixas, atópase unha das paisaxes máis incríbeis que a simbiose de terra e mar poida ofrecer. Este Parque Natural pontevedrés aglutina as Illas Cíes e as illas de Ons, Cortegada e Sálvora. Estes catro grupos de illas rochosas sitúanse no estuario das rías ofrecendo unha cara salvaxe e acantilada ao oeste, que mira cara o Atlántico. Non obstante cara o interior e as rías, o panorama suavízase con fermosas praias e dunas. 

Tal riqueza ecolóxica é apreciada polas colonias de aves mariñas que poboan estes arquipélagos. Salienta a gaivota patiamarela con 35.000 parellas reprodutoras e o corvo mariño cristado con máis de 1.000 parellas. Tamén son de relevancia os fondos mariños pola súa biodiversidade, tanto en peixes, moluscos e crustáceos, como en bosques de algas, así como a presenza de varias especies de golfiños. Ademais, a illa de Cortegada alberga o maior bosque de loureiro de Europa. 

Este santuario natural debe ser preservado e por isto o tráfico marítimo ata as maxestosas Illas Cíes está restrinxido a 2.200 persoas por día. Igualmente, o único sitio onde durmir é un camping con capacidade para 800 prazas. Paseando polos seus sendeiros descóbrense máxicos areais, covas e acantilados, pero o paradisíaco do entorno non é óbice para realizar un pouco de turismo cultural, como unha vista ao poboado prerromano das Cíes.

Gastronomía

A oferta gastronómica das Rías Baixas é case inesgotábel, bendicida por materias primas de mar e terra. Todo un embaixador é o seu marisco, pero sen desmerecer carnes e peixes, que sempre espertarán máis o apetito regados cun bo Albariño. O frío inverno é combatido con outras beberaxes como a augardente e a queimada. En verán, as feiras e festas gastronómicas inundan as vilas da zona, sendo unha excelente ocasión para probar o mostrario da cociña rexional. Destaca entre estes eventos, a Feira do Albariño, en Cambados, declarada de Interese Turístico Nacional.

  © Repsol YPF 2001-2008 Mapa Web Nota Legal Proteción de datos Contacto Boletíns
repsolypf.com é membro de Confianza En liña e asume e actúa segundo o seu Código Ético de Comercio Electrónico e Publicidade Interactiva