Inicio Contacto Tenda Usuarios Rexistrados
RutasRueirosMapasTurismoGastronomíaClub Guía Campsa


Mercados medievais en España
O país pobóase de mercados de artesáns onde se evoca o rico pasado medieval español
Talvez a época medieval sexa a etapa histórica da cal se conservan maiores testemuños. A historia deste período é bastante prolixa e coñécese case ao detalle, algo que seguramente propicie a gran proliferación de mercados medievais en terras españolas aínda no século XXI. Son moitas as vilas que os albergan, desde aquelas que arrastran a tradición desde tempos pasados ou que a recuperaron séculos despois, ata outros de recente creación.
imagen

E é que hoxe en día un mercado tradicional supón un importante fluxo turístico para unha localidade.  Hainos desde os máis modestos, que apenas convocan a xentes da vila e arredores ata as grandes citas medievais, xeralmente acompañadas dalgunha festa patronal.  En moitas destas, toda a vila se involucra nesta regresión ao pasado e representa escenas e batallas con vestimentas da época.

Os mercados medievais son unha oportunidade para a diversión que sempre deixa un lugar á cultura, cando están organizados con fundamento histórico.  Por suposto gañan en credibilidade cando se levan a cabo en lugares monumentais, con edificios antigos que sirvan de marco ao evento en cuestión.  Para amantes do bo xantar sempre acostuma ser unha oportunidade para mercar queixos, embutidos ou incluso pan, elaborados de forma tradicional.

Non faltan os múltiples traballos de artesanía.  Aquí entran o barro dos oleiros, a madeira dos carpinteiros, o metal dos ferreiros, as pulseiras, brazaletes e outros adornos en coiro, a bixutería, etc.  Moitas veces son os nenos os que máis gozan, ben aprendendo estes tradicionais oficios, divertíndonse ao ritmo da música de bardos, xograres e bandas ou montando cabalos e póneis ao trote polo chan recuberto de palla. 

Non hai unha zona determinada onde se celebren estes mercados con maior ou menor lustro.  Hai de todo ao longo e ancho do país, desde Cantabria a Córdoba, desde Alacant a Salamanca e cada vez xorden máis, especialmente no verán.  Reflexo da vida social da época, un mercado medieval é capaz de facernos regresar durante uns días a un pasado lendario.

  © Repsol YPF 2001-2008 Mapa Web Nota Legal Proteción de datos Contacto Boletíns
repsolypf.com é membro de Confianza En liña e asume e actúa segundo o seu Código Ético de Comercio Electrónico e Publicidade Interactiva