Inicio Contacto Tenda Usuarios Rexistrados
RutasRueirosMapasTurismoGastronomíaClub Guía Campsa


Monasterio de Piedra
Nas proximidades de Calatayud atópase un santuario de auga e rocha en torno a un convento cisterciense
No termo municipal de Nuévalos álzase o Monasterio de Piedra, un dos enclaves aragoneses que máis visitas recibe, só superado en Zaragoza pola Basílica do Pilar. Esta abadía cisterciense atópase a escasa distancia da cidade de Calatayud, nunha comarca que tamén salienta polo seu clima desértico, a súa riqueza en edificios mudéxares e o parque natural que rodea á abadía.
Historia
imagen

O Monasterio de Piedra debe a súa creación á doazón en 1194 dun antigo castelo árabe de Piedra Vieja por Alonso II o Casto á Orde do Cister para consolidar a fe cristiá. Tardouse 23 anos en construílo, anos de transición do románico ao gótico, que se plasma nunha arquitectura sobria e luminosa. Foi habitado por monxes case 700 anos desde 1195 a 1835, tiveron que abandonalo en tres ocasións que coinciden coa guerra da Independencia e a ocupación francesa (1808), o trienio liberal (1820-1823) e a definitiva, coa desamortización de Mendizábal (1835).

En 1840, Pablo Muntadas Campeny compra o mosteiro e mantén a actividade agrícola e gandeira que xeraron os monxes. O seu fillo, Juan Federico Muntadas será o encargado de dar forma ao parque abrindo rutas, habilitando grutas ao paseo e efectuando plantacións. En 1867 creou o primeiro centro de Piscicultura de España, repoboando especies como a troita común e o cangrexo ibérico. Como resultado de todas estas actividades o contorno do mosteiro é un oasis natural que en 1940 foi declaradoa Lugar Pintoresco Nacional. Décadas despois, en 1983, o Mosteiro foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional.

Arte plana
imagen

Este cenobio cisterciense construíuse en tres etapas: a gótica primitiva (s.XIII); a gótica renacentista (s.XVI) e a clásica-barroca (s. XVIII). A súa distribución é similar á doutros conventos da mesma orde, coa igrexa e o claustro ao norte, as adegas e os celeiros ao oeste, a cociña e o comedor ao sur e a sala capitular ao leste. Unha distribución pensada para aproveitar ao máximo a luz solar.

No tocante á arte arquitectónica do mosteiro, expresa a espiritualidade da orde, que pretende librarse de todo o superfluo para a vida monacal, descarta calquera fastosidade ou símbolo de poder, así como imaxes, esculturas ou pinturas que puidesen distraer os monxes dos seus labores. Óptase pola pedra lisa e núa, as liñas rectas e as superficies planas. Porén salientan estancias como a fermosa sala capitular de principios do S.XII, que era centro neurálxico da vida monástica

Na actualidade o mosteiro foi reconvertido en hotel cunhas condicións moito máis confortábeis das que gozaban os monxes, pero conserva a súa paz ambiental. Por isto, as súas obras de arte atópanse repartidas entre os templos das vilas que rodean o mosteiro. 

Museo do viño

No celeriro ou na adega do templo atópase o Museo do Viño, berce da D.O. Calatayud. Componse de dúas amplas estancias sustentadas por arcos faixóns apuntados, un trazo característico das primeiras construcións da orde. A primeira planta propón un achegamento á agricultura na sala de prensado. Consérvase a neveira onde prensaban palla e neve para manter un clima fresco, así como apeiros de labranza e outros utensilios. 

Nas súas salas explícase o proceso tradicional de elaboración do viño e o empregado na actualidade, así como a importancia do viño na cultura e na economía monacal. A segunda planta alberga o almacén que no século XV se comezou a usar para o proceso de fermentación e conservación do viño. Por este motivo dous respiradoiros nos flancos da sala servían de escape para o monóxido de carbono que expulsa o viño na súa fermentación. Outra sala desta planta explica distintos aspectos sobre a elaboración de viños na comarca de Calatayud.

Contorno e parque natural
imagen

O municipio de Nuévalos atesoura unha sorprendente beleza natural presentada polo río Piedra e o embalse de La Tranquera. Os cortes calcarios do río e a vexetación da súa canle conforman un marco incomparábel para a observación de aves. O mesmo sucede no embalse, idóneo para practicar deportes náuticos así como tranquilas zonas de pesca. O contorno do mosteiro está marcado pois polos saltos de auga e os sendeiros sinalizados ao detalle, con frechas vermellas e azuis indicando ambos sentidos das rutas, uns 5 quilómetros de innegábel interese natural. Un oasis entre calcarias.

As rochas que constitúen a paisaxe circundante formáronse no fondo do mar. As forzas de oroxenia alpina sacaron estas formacións á superficie onde foron modeladas pola erosión. Este espectáculo pétreo está determinado pola carstificación, ou disolución das calcarias e posterior precipitación das mesmas, un proceso moi ligado co nome do contorno. Porén tan rochosa paisaxe cóbrese de mantos de vexetación que recolle especies como o lodoeiro, freixo, chopo, sabugueiro, castaño de indias, teixo ou a figueira.

Entre a súa fauna salienta a troita común, a tenca e o cangrexo ibérico. Pero as aves son o maior tesouro faunístico do parque, onde habitan de forma permanente ou estacional. Non será difícil para o visitante avezado toparse con ouriolo, verderolo, reiseñor, folos adas Canaveiras, merlo ou lavandeira branca. Entre as aves acuáticas salientan especies como o martiño peixeiro, a garza real, o merlo acuático, patos mergulladores, como o porrón común, nadadores como o parrulo real ou a cerceta común.

  © Repsol YPF 2001-2008 Mapa Web Nota Legal Proteción de datos Contacto Boletíns
repsolypf.com é membro de Confianza En liña e asume e actúa segundo o seu Código Ético de Comercio Electrónico e Publicidade Interactiva