 
O Mosteiro de El Escorial
|
|
|
 |
|
A só 50 quilómetros da capital, San Lorenzo de El Escorial é unha das poboacións máis visitadas da Comunidade de Madrid
|
 |
|
Numerosos son os mosteiros en terras españolas, pero poucos son os nomes propios que sempre afloran ao falar de arquitectura sacra. O mosteiro de El Escorial é, sen dúbida, un dos edificios relixiosos e monumentais máis populares de España. De feito a poboación madrileña de San Lorenzo del Escorial é un Conxunto Histórico-Artístico que foi articulándose a carón do mosteiro.
|
 |
 |
|
Filipe II e Juan de Herrera |
 |
 |
| |
|  |
Filipe II foi o artífice deste fermoso grupo arquitectónico. O monarca ordenou construílo no século XVI para conmemorar a Batalla de San Quintín. A situación foi longamente meditada, escoitou consellos de grupos de expertos entre os que había astrólogos, filósofos, teólogos, canteiros ou arquitectos, entre outros. Lentamente, esta zona rodeada de montañas e bosques na Serra de Guadarrama foi medrando e conformándose todo un trazado urbano. Residencias de verán de aristócratas e burgueses da capital revestiron o mosteiro creando unha elegante poboación de rebordante monumentalidade. O templo debía funcionar como Real Sitio destinado a ser centro de operacións do monarca, pero tamén a servir como panteón familiar e dar sepulcro aos restos mortais da realeza española. As obras deron comezo no ano 1563, a cargo do arquitecto Juan de Toledo e continuaron tras a súa morte a mans de Juan de Herrera, que finalizou a construción no ano 1584. Tan importante foi a man deste último que o mosteiro considérase obra cume da arquitectura herreriana, referente para posteriores construcións tanto españolas como europeas. |
 |
|
Harmonía en granito |
 |
Ao chegar á localidade o visitante séntese protagonista dunha historia que comezou cinco séculos atrás. Desde a explanada principal e ante o estanque, pódese percibir a importancia do Real Mosteiro de San Lorenzo, unha obra grandiosa construída en granito sen perder a austeridade e o equilibrio. Un mesmo espazo que aglutina igrexa, palacio, mosteiro e panteón real.
As súas liñas son simétricas e a súa decoración é minimalista. O edificio principal do mosteiro divídese en tres zonas verticais, é a central o Patio dos Reis. Catro torres de 55 metros e rematadas con bolas de metal vixían as súas esquinas. As súas grandes dimensións confunden o visitante e as súas liñas simples derivan a atención cara os seus patios, as súas fontes, os seus claustros e as súas escaleiras. |
 |
|
Panteón Real |
 |
A Basílica alberga máis de 4.000 estancias e a ela accédese polo Patio dos Reis de Xudea, que conta cunha cúpula de case cen metros de altura. Salienta entre as súas dependencias o Panteón Real, esculpido en mármore e xaspe, onde descansan restos dos monarcas das casas de Austria e Borbón desde o século XVI. Entre outros edificios do conxunto, salientan o templo, o Patio dos Reis, o suntuoso Palacio dos Borbóns e os Xardíns dos Frades. En canto á igrexa, é de planta de cruz grega e na súa capela maior atópanse os monumentos funerarios de Carlos V e do propio Filipe II. No hai que esquecer tampouco as dependencias destinadas a aloxamento e servizos, como as Casas de Oficios, Infantes, Ministerios, Raíña e a Compaña. En definitiva un recinto impresionante que en 1971 foi merecidamente declarado Conxunto Histórico-Artístico e, no ano 1984, Patrimonio da Humanidade. |
 |
|
Patrimonio |
 |
O interior do mosteiro pode ser considerado un museo en toda regra, xa que as súas coleccións de tapices, pinturas ao fresco, códices e lenzos constitúen un patrimonio de incalculábel valor, algúns de artistas do renome como El Greco, Velázquez ou El Bosco. Son máis de 1.600 pinturas e 73 esculturas as que poden atoparse nas súas diferentes estancias. A Biblioteca, situada no segundo piso da fachada oeste conta con preto de 45.000 volumes impresos dos séculos XV e XVI.
|
|