Inicio Contacto Tenda Usuarios Rexistrados
RutasRueirosMapasTurismoGastronomíaClub Guía Campsa


Percorrido histórico pola catedral de Santiago
A Catedral de Santiago como institución relixiosa e meta da peregrinación xacobea aglutina unha parte importantísima da historia de España e Europa durante o período medieval
Altar de la Catedral
Santiago de Compostela é cidade Patrimonio da Humanidade mercé á súa zona antiga. Nesta cualificación o papel preponderante xogouno unha gran embaixadora galega; a Catedral de Santiago, unha marabilla do románico. A relevancia histórica deste templo en torno ao que se articulou a localidade é de suma importancia no devir do cristianismo e o intercambio cultural no medievo.
Desde Iria a Santiago
Catedral de Santiago

Antes de existir Santiago como localidade, a primeira catedral compostelá foi pequena e modesta. Era a de Iria Flavia, que se mantivo como sede das dioceses galegas ata o século XI. Entón o Papa Urbano II decretou que a nova Diocese sería Compostela.

O periplo da Catedral de Santiago comeza co descubrimento da tumba do apóstolo, cara o 829. Un dos máis importantes achados foi o da súa lauda sepulcral, que se cría un mito. Afonso II o Casto constrúe a tal efecto unha modesta igrexa e mosteiro, onde o bispo Teodomiro traslada a súa residencia. O culto a Santiago provoca o receo de Almanzor que no 997 arrasa e incendia Compostela.

Cara 1075 e baixo bispado de Diego Peláez comeza a construírse un novo templo de materiais máis nobres. Ata 1095 foi concatedral coa de Iria e en decembro dese ano converteuse na Catedral de Santiago aínda que non foi culminada ata 1128 grazas ao impulso dado polo Bispo Gelmírez e don Raimundo de Borgoña.

Historia da peregrinación
Santiago de Compostela

Ao saberse que a Catedral de Compostela gardaba a tumba do apóstolo, comezaron as peregrinacións de forma masiva, aínda que xa existían desde antes, polo simple interese de chegar a Fisterra. As primeiras marchas de carácter relixioso déronse no século IX e partían de Oviedo, eixe de resistencia cristiá. 

Porén, a auxe chegaría no XI cando tanto os reis Sancho III o Maior e Sancho Ramírez de Navarra e Aragón, como Afonso VI invisten na súa arquitectura. Así o camiño foise estendendo ata a  fronteira, dando lugar ao Camiño Francés e converténdose nun dos fenómenos máis importantes da historia medieval. 

O trazado foi de máxima relevancia no intercambio cultural con Europa grazas aos coñecementos que traían os peregrinos desde o norte. Hoxe continúa sendo un percorrido cun gran valor histórico. A meta, Santiago de Compostela, constitúe unha das zonas urbanas máis fermosas do mundo, coa súa acumulación de edificios románicos, góticos e barrocos en torno á Catedral.

Catedral

A Catedral presenta a factura monumental dun gran centro de peregrinaxe. Esta obra fundamental do románico conta con planta de cruz latina e unha nave lateral continua que rodea á principal. As ampliacións conferíronlle restos de estilos como o románico, gótico, barroco, plateresco e neoclásico. Ten tribuna, cruceiro, carola e capelas absidais. A nave central cóbrese cunha bóveda de canón mentres as laterais son de aresta. 

Visitas da catedral
Interior de la Catedral

O exterior do edificio está ben rematado nas súas fachadas, cada unha formando magníficos conxuntos urbanísticos coas súas respectivas prazas. A do Obradoiro, obra de Fernando de Casa y Novoa, está considerada unha das expresións máximas do barroco español. Outra salientábel é a do apocalíptico Pórtico da Gloria, obra cume da escultura románica. 

As tradicións son importantes na Catedral. No Pórtico da Gloria é costume golpear a cabeza sobre a figura do arquitecto orando para obter sabedoría e prudencia. No Altar Maior pola súa parte sitúase un busto do santo ao que os peregrinos acostuman abrazar. Tradicional é tamén subir ao Camarín do Apóstolo, onde hai que se confesar e comulgar para gañar o Xubileo, sempre que sexa ano santo. 

Sen dúbida o que máis atención acapara é o sepulcro de Santiago, na cripta, acompañado polos seus discípulos. No frontal aparece un Pantocrátor cos símbolos dos Evanxelistas, acompañado polos Apóstolos. As reliquias descansan nunha urna de prata marcada cun crismón. Acostúmase rezar o Credo ante a tumba. E por suposto a celebración máis arraigada no templo e tamén a máis espectacular é a do Botafumeiro, un inmenso incensiario que se fai oscilar polo cruceiro menor. 

Tampouco haberá que se esquecer das súas múltiples capelas, unha fermosa amalgama de estilos, con especial atención á do Salvador, a máis antiga de todas e o seu retablo-custodia. Salientan tamén o fermoso Claustro renacentista e a barroca Sala Capitular.

Museo da Catedral
Vista general

O Museo Diocesano ocupa a parte máis occidental do claustro da Catedral de Santiago. Recolle obxectos de gran valor repartidos en varias salas, como o coro románico do mestre Mateo, unha rica colección de tapices, a cripta e o claustro do templo. Tamén alberga a biblioteca, con libros e códices de gran valor como o Códex Calixtinus, Liber Sancti Jacobi, Los Tumbos ou La Historia Compostelana. 

MÁIS INFORMACIÓN:

Catedral de Santiago de Compostela
Praza do Obradoiro, 15705   Santiago de Compostela (A Coruña)
Tel. 981560527 - 981555129 
www.catedraldesantiago.es
info@santiagoturismo.com

Museo Diocesano
Praza  do Obradoiro, s/n 15704   Santiago de Compostela (A Coruña)
981560527  / Fax +34 981563366 
edumuseocatedral@archicompostela.org

Camiño de Santiago
http://www.caminosantiago.com/
http://www.xacobeo.es/comezo.asp?idioma=castellano

  © Repsol YPF 2001-2008 Mapa Web Nota Legal Proteción de datos Contacto Boletíns
repsolypf.com é membro de Confianza En liña e asume e actúa segundo o seu Código Ético de Comercio Electrónico e Publicidade Interactiva