Inicio Contacto Tenda Usuarios Rexistrados
RutasRueirosMapasTurismoGastronomíaClub Guía Campsa


Refuxios outonais
O norte de España acada no outono o seu máximo esplendor en forma de misterio e vivas cores
Sempre é interesante observar ata que puntos as paisaxes naturais da xeografía española cambian de aspecto segundo as estacións. Isto sucede en época outonal, na que os bosques protagonizan unha explosión de cores avermelladas e ocres nos solos moles polas alfombras de follas secas caídas das árbores. O frío e a soidade achegan a estes escondedoiros naturais o halo místico perfecto para que perderse na súa inmensidade resulte unha experiencia do máis pracenteira.
Asturias na penumbra do bosque
As verdes e fértiles terras asturianas adquiren un novo ton nesta estación. As súas árbores esfóllanse ao longo do curso do Sella e semellan apuntar á Sierra del Sueve, recóndita paraxe de serpeantes camiños. Arriendas é un lugar ideal para practicar sendeirismo sen perder nin unha soa póla de vista. As súas aldeas de pedra, sumidas na escuridade da estación, celebran ademais o outono de forma peculiar. É a festa da abelá, prezado froito seco da rexión, que ten o seu centro en Infiesto.
Castela e León, vales e lagos

As masas de auga achegan a Zamora as súas máis belas estampas outonais. O concorrido Lago de Sanabria, regresa á soidade tras finalizar o verán cubríndose da bruma e o misterio das súas lendas populares. A uns 15 quilómetros da vila máis próxima, é de novo o mutismo unha constante nos paseos entre os seus bosques seguindo o curso do río Tera. O entorno fai as delicias do afeccionado á pesca, que a bo seguro poderá facerse con algunha troita como trofeo.  

Tamén en Zamora se pode gozar das Lagunas de Villafáfila, cuxas planicies de cereais se inundan cada outono facendo que multitude de especies de aves acuáticas recalen aquí nas súas rutas migratorias. Na depresión flanqueada polas vilas de Villafáfila e Otero de Sariegos localízanse as tres lagoas salobres coñecidas como a Grande, a das Salinas e a de Barrillos. Gansos, grúas ou avetardas fan deste o seu refuxio e o de todo amante da ornitoloxía. 

En Burgos non se poden deixar de visitar Las Merindades, unha recóndita comarca do norte de verdes vales e lóbregos bosques entregados ao silencio. Ideal para a práctica do sendeirismo nun medio salvaxemente natural, marcada por covas e caídas de auga. Tamén é un lugar para gozar da arte e a historia nas súas vilas, algunhas de renome como Villarcayo, Espinosa de los Monteros, Medina de Pomar ou Frías, a través dos seus edificios monumentais.

Navarra, pulmón outonal

Os faiales son sinónimo de espectáculo outonal e Navarra pode presumir de grandes superficies poboadas por dita árbore. Como a segunda máis grande de Europa, a selva de Iratí, 17.195 hectáreas de fermosa e inabarcábel natureza que ocupa os vales do río Irati e do Salazar, transcendendo o Pirineo ata as terras francesas. Aquí o visitante coñecerá o verdadeiro significado do silencio, só roto polo murmurio da auga ou da fauna do lugar. Camiñando paralelamente ao curso do río, escoitarase un ruído inequívoco; o das propias pisadas quebrando as follas caídas.  

Nesta a priori apagada estación, a selva respira vida e explota no cromatismo máis exuberante. O colorido oscila desde o verde dos musgos e dos piñeiros, ao gris prateado dos troncos, os cálidos tons avermellados e amarelos das follas de faia. A visión cegadora tórnase en escuridade misteriosa nas zonas máis densas nas que as faias filtran implacablemente a luz, conservando así a humidade característica.  

E é que a maior experiencia que se pode vivir é deixarse envolver pola natureza e perderse nos brazos da súa exuberancia. O visitante síntese diminuto na inmensidade deste mar de natureza cambiante. Un santuario de luces e sombras que convida á introspección, relaxa e intimida ao mesmo tempo, facendo desconectar da estresante realidade de fóra e potenciando a imaxinación.  

O gran pulmón navarro componse doutros escondedoiros boscosos como o Parque Natural de Sierra de Urbasa, ao noroeste, ou o val de Belagua, o máis oriental da comunidade.

  © Repsol YPF 2001-2008 Mapa Web Nota Legal Proteción de datos Contacto Boletíns
repsolypf.com é membro de Confianza En liña e asume e actúa segundo o seu Código Ético de Comercio Electrónico e Publicidade Interactiva