Inicio Contacto Tenda Usuarios Rexistrados
RutasRueirosMapasTurismoGastronomíaClub Guía Campsa


Ruta Lorquiana
Sen saír de Granada pódense seguir os pasos do poeta español máis internacional
A vida de Federico García Lorca estivo tan estreitamente ligada a Granada, que alí naceu, escribiu gran parte da súa obra e tamén morreu. A chamada ruta lorquiana é unha estupenda forma de afondarse no mundo máis íntimo deste universal poeta e dramaturgo granadino, o máis popular da Xeración del 27.
Casa-Museo Fuente Vaqueros
Trátase dun itinerario oficial organizado e subvencionado polo Padroado Provincial de Turismo de Granada e realízase nunha soa mañá, aínda que calquera pode facela tamén ao seu ar. Permite coñecer ao visitante os lugares que marcaron a infancia e xuventude do autor, museos dedicados ao seu legado e as paisaxes da Vega de Granada que tanto lle marcaron. En definitiva, unha forma de achegarse in situ á súa vida e obra.
Casa Natal-Museo de Fuente Vaqueros
Patio de la Casa de Fuentevaqueros


A primeira parada será Fuente Vaqueros, onde comezou a forxarse a lenda. Nesta tranquila vila da Vega de Granada está a casa na que o autor do Romancero Gitano naceu un día 5 de xuño de 1898. Foi rehabilitada e transformada en museo, de forma que alberga desde manuscritos e primeiras edicións lorquianas ata bocexos para decorados teatrais, correspondencia persoal e en definitiva, obxectos que constituíron a súa nenez, incluído o seu berce.

Tamén hai oco nas súas exposicións para as obras doutros artistas, pintores e músicos contemporáneos, amigos ou cuxas obras se relacionan coa do granadino, como son as de Rafael Alberti, Salvador Dalí, Picasso, Bores ou Ismael de la Serna entre moitos outros.

Huerta de San Vicente
Parque Federico García Lorca de Alfacar

Trátase da residencia de verán da familia Lorca. Foi un regalo que Federico García pai fixo á súa familia en 1925. Aquí pasarían os seus períodos estivais e o ilustre poeta inspiraríase desde a súa habitación, con vistas a Sierra Nevada e La Alhambra, para escribir algunhas das súas obras máis celebradas, como “El Diván del Tamarit”, “Romancero Gitano”, “Poema del Cante Jondo” e “Bodas de Sangre”.

Actualmente, esta vivenda de dúas plantas está tamén reconvertida en Casa-Museo, pero conserva os mobles e utensilios orixinais tal e como os coñeceu Lorca. Obxectos carismáticos na súa vida como o sofá da entrada, un escenario para monifates feito polo artista ou o piano que tocaba para os seus achegados, entre outros moitos documentos no seu cuarto.

Casa Familiar de Valderrubio
Inscripción a la memoria de Federico García Lorca

Outra visita imprescindíbel é a localidade de Valderrubio, a onde a familia se trasladaría aínda  sendo Lorca neno. Aquí, no número 20 da rúa Iglesias o seu pai posuía unha pequena casa de labor. Neste entorno o autor aprendería literatura e escribiría algunhas das súas principais obras de xuventude. 

Este ambiente será de gran influencia en “Yerma” e “La Casa de Bernarda Alba”, cuxa familia non só existiu senón que foi veciña dos Lorca e os seus descendentes seguen vivindo na súa antiga casa. A través deste termo municipal pódese trazar unha idea da vida dos Lorca por aquela época. No apeadeiro de San Pascual situado no núcleo de Zujáira, a familia tomaba o tren nos seus desprazamentos á capital granadina, mentres que Fuente de la Teja, no núcleo principal, era un lugar ao que o poeta acudía con asiduidade.

Parque Federico García Lorca de Alfacar

Este parque, dedicado segundo reza a súa inscrición “á memoria de Federico García Lorca, e de todas as vítimas da Guerra Civil” foi inaugurado en 1986 no Barranco de Viznar, onde a dramática morte do escritor tivo lugar o 18 de agosto de 1936. Esta data do seu fusilamento rememórase cada ano cunha sinxela homenaxe nocturna con concerto e recital dos seus versos, xunto ao monólito dedicado á súa memoria.

Desde o punto de vista natural, é un fermoso parque de montaña, con fontes e estatuas dedicadas ao autor. Invade ao visitante de melancolía a esencia tranquila deste marco, o único da ruta que nin o autor, nin a súa familia escolleron. 

Tamén se pode regresar despois á capital granadina e visitar o Hotel Reina Cristina, anterior residencia da familia Rosales, onde García Lorca se refuxiou e pasou algúns dos últimos días da súa vida, efémera en tempo pero fértil no seu legado.

  © Repsol YPF 2001-2008 Mapa Web Nota Legal Proteción de datos Contacto Boletíns
repsolypf.com é membro de Confianza En liña e asume e actúa segundo o seu Código Ético de Comercio Electrónico e Publicidade Interactiva