Inicio Contacto Tenda Usuarios Rexistrados
RutasRueirosMapasTurismoGastronomíaClub Guía Campsa


Semana Santa Sevillana
A Semana da Paixón é unha cita esperada todo o ano na capital andaluza
A Semana Santa é unha das celebracións máis profundas e arraigadas que teñen lugar en España. En Andalucía vívense estas datas como unha festa por todo o alto, cun carácter de pura emoción e xúbilo pasional.
En Sevilla, as irmandades levan todo o ano esperando esta conmemoración da morte e resurrección de Xesucristo que está declarada de Interese Turístico Internacional. Non en van Sevilla acolle, xunto con Málaga, a celebración andaluza de Semana Santa máis importante, sendo a da capital unha das manifestacións relixiosas e culturais máis importantes do país.
Sentimento sevillano
Virgen de la Macarena

Desde o Domingo de Pascua ao de Resurrección, miles de devotos celebran, en torno ás irmandades e confrarías, a súa popular visión da Paixón. A cidade transfórmase nun sublime espectáculo de sons e silencios, aromas e cores, expresión dunha fonda relixiosidade en torno ás grandiosas imaxes de Xesús do Gran Poder, a Esperanza de Triana ou a Macarena.

A Semana Santa de Sevilla celébrase desde o século XVI. Os actos comezan co pregón do Domingo de Pascua no día que se lembra con procesións a entrada triunfal de Xesús en  Xerusalén. A partir de aquí cada irmandade ten asignado o seu día e percorrido para lucir os seus pasos polas ateigadas rúas da cidade. Unha imaxe case permanente ata o Domingo de Resurrección, ilustrada polos diferentes pasos e a vistosa imaxinería dos confrades.

Unha infinidade procesional

Todos os días hai procesións pola tarde e pola noite. Cada confraría saca o seu paso da súa parroquia e, aínda que ten o seu propio percorrido, hai un tramo común. Coñécese como “carreira oficial”, e comeza na rúa Campana e remata coa saída da irmandade pola Catedral. Nesta zona colócanse cadeiras e palcos para contemplar o paso das confrarías e para adquirilos hai que aboar un importe, como se da entrada a un espectáculo se tratase.

Tras abandonar o templo, o cortexo regresa á súa igrexa por un camiño distinto ao de ida, creando así unha especie de circuíto e permitindo que máis xente goce do desfile. Unha tradición que dá moita cor á festa son as emocionantes saetas ou tonadillas flamencas que os fieis desde os seus balcóns dedican ás imaxes, totalmente a capela.

Penitencia e privilexio
Encapuchados

Son multitude os sevillanos que acompañan ás imaxes xa sexa vestindo o hábito de nazareno, portando cirios, cruces ou antecedendo aos pasos como acólitos ceriferarios ou turiferarios. Outros realizan a penitencia portando sobre os seus ombros as andas procesionais como portadores. Son un total de 59 irmandades as que animan cada día esta representación da Paixón de Cristo. E é que participar desta festa tan importante é todo un privilexio e motivo de orgullo para os sevillanos.

Hai que destacar que algúns pasos levan o acompañamento musical de bandas ou agrupacións musicais que contribúen ao carácter tan festivo que só a Semana Santa andaluza ofrece. Outro detalle de importancia son as tallas de Virxes baixo palio; imaxes barrocas ataviadas con coroas de ouro e prata, mantos bordados e túnicas de veludo que apenas deixan ao ar as mans e o rostro da santa.

Paixón de madrugada
Procesiones

O Venres Santo celébrase “La Madrugá”, así chamada polo momento en que se celebra, que achega un halo extra de misterio a tan solemne acto relixioso. Esta noite do Xoves ao Venres Santo é o momento máis especial de toda a semana, xa que saen a pasear algunhas das imaxes máis veneradas. O Xesús do Gran Poder, a Macarena, a Esperanza de Triana ou o Cristo dos Xitanos congregan a miles de fieis e curiosos nas rúas nun ambiente de puro sentimento.

Restará a fin de semana antes de que chegue o Domingo de Resurrección ou de Pascua. É un día de alegría polo regreso de Xesucristo á vida, mais tamén de tristeza porque a festa toca ao seu fin. Xusto a tempo para ofrecer ao pobo sevillano uns días de calma e volta á rutina antes do vindeiro gran acontecemento, a Feira de Abril.

  © Repsol YPF 2001-2008 Mapa Web Nota Legal Proteción de datos Contacto Boletíns
repsolypf.com é membro de Confianza En liña e asume e actúa segundo o seu Código Ético de Comercio Electrónico e Publicidade Interactiva