 
Solsticio de verán en Europa
|
|
|
 |
|
O 21 de xuño o hemisferio norte celebra o día máis longo do ano, unha noite máxica onde todo pode suceder
|
 |
O inicio do verán chega cada ano puntual, o 21 de xuño. Este día, coñecido como o máis longo do ano, é amplamente celebrado en todo o hemisferio norte en torno a cerimonias de lume para contemplar o sol de media noite. Non é un día calquera, senón unha festa da natureza chea de maxia. |
 |
|
A gran festa da natureza |
 |
Como a partir desta data os días son cada vez máis curtos, os homes primitivos temían que o sol perdese o seu poder, polo que se celebraba a súa véspera con fogueiras, procesións con fachos, bailes e ritos de todo tipo relacionados co lume, para axudar ao astro a recobrar a súa enerxía e purificarse de influencias demoníacas. Desde tempos prerromanos, en Europa realizábanse diversos rituais relacionados co lume. Son famosas as fogueiras de San Xoán, aínda de relevancia en multitude de vilas de España, pero non son as únicas. Aínda que agora se celebren baixo o nome do santo, a súa orixe provén de festividades anteriores ao cristianismo. É unha celebración tan antiga como o home e é que o descubrimento dos solsticios foi vital na historia, permitindo crear o calendario solar.
|
 |
|
Stonehenge |
 |
|
|
| |
 |
|
Este coñecemento foi posto en práctica coa construción de monumentos megalíticos que aínda hoxe seguen envoltos nun halo de misterio. O caso máis relevante é o de Stonehenge ao suroeste Inglaterra, obxecto máis de elucubracións que de datos contrastábeis. Este recinto formado por catro círculos concéntricos de arcos de pedra areísca, crese que é incluso anterior ás pirámides Independentemente do uso que lle desen os prehistóricos, o solsticio de verán é a data máis sinalada no outeiro de Amesbury onde se enclava este singular conxunto. Británicos e visitantes concéntranse nos seus arredores para festexar o único día en que se permite acceso sen restrición. O espectáculo de ver o sol emerxer entre as xigantes pedras merece a pena. Curiosos, amantes do ocultismo, tribos urbanas de todo tipo ou neodruídas apodéranse de Stonehenge para vivir unha comuñón coas forzas da natureza. Nesta peculiar cerimonia non faltan ritos, cantos e liturxias, así como música de gaitas e tambores que anuncian a chegada da alba. Sobre as 5:30 da mañá o primeiro raio de sol sae pola Pedra Talón, desatando a euforia colectiva.
|
 |
|
Solsticio en Suecia |
 |
|
| |
|  |
O solsticio celébrase especialmente en países en que o estío é curto e polo tanto moi apreciado, como os escandinavos. En Suecia o día de San Xoán marca a explosión do verán e a súa noite é unha das máis claras do ano. Na zona norte do país, o sol nin sequera se pon por estas datas. Cada rexión conta cun traxe popular, que os seus habitantes visten para dar a benvida ao período estival. A véspera de San Xoán celébrase sempre a tarde do venres no campo, que amosa postais de verde claro e resplandecente, á sombra dos bidueiros. É unha festa de reencontros con familia, amigos, etc. Comeza co rito da recollida de flores e a confección de coroas para o maio, poste ou árbore adornada, arredor da cal se realizan xogos e danzas. Hai incluso unha comida típica do solsticio que consiste en filetes de arenque en escabeche con patacas cocidas con aneto, nata agrea e cebola morada. Despois vén algo feito á grella, como salmón ou costelas de porco e as primeiras fresas do verán. Acompáñase de cervexa e augardente, que animan a entoar cancións populares, para despois seguir bailando. Ao regresar a casa a crenza popular di que as mozas teñen que recoller sete tipos de flores e polas baixo a almofada, para así soñar coa súa futura parella. E é que esta é unha festa moi vinculada ao amor, elixida para facer compromisos, confesións e incluso celebrar vodas. |
 |
|
Finlandia e Dinamarca |
 |
En Finlandia esta véspera de San Xoán tamén é vivida co mesmo espírito liberador, con congregacións populares á beira dos lagos, onde se come peixe afumado do mesmo lago. Nas zonas costeiras tamén se estende a tradición sueca dos maios. En Dinamarca celébrase a véspera de San Xoán desde os tempos dos viquingos acendendo fogueiras para espantar os malos espíritos. Hoxe son tradicionais estas fogueiras nas praias ou á beiras de lagos, acompañadas de pícnic e cancións tradicionais. |
|