Inicio Contacto Tenda Usuarios Rexistrados
RutasRueirosMapasTurismoGastronomíaClub Guía Campsa


Verona, a cidade de Romeo e Xulieta
Entre palacios e igrexas descóbrese unha vila medieval que é ideal para vivir o romanticismo en San Valentín
Verona é una tranquila cidade situada ao norte de Italia na rexión do Véneto, rodeada por un meandro do río Adige e na proximidade do fermoso lago Garda. Revestida dun aire romántico grazas ao tráxico amor de Romeo e Xulieta, acolle un gran número de turistas dispostos a vivir unha pasional aventura en especial cando San Valentín se achega.
Paseos monumentais
imagen

É unha das cidades máis fermosas de Italia, sobre todo grazas aos seus exquisitos edificios e obras de arte. O simple tránsito polo centro histórico é unha aposta segura para o goce de fantásticos paseos admirando igrexas, pontes, rúas empedradas, prazas, estatuas, fachadas medievais, fontes e inscricións na pedra milenaria. A maxia é aínda maior pola noite, envolta na néboa invernal que ofrece aos namorados unha maior intimidade.

Verona é unha cidade con moita historia e moito testemuño dela. Encantadora e acolledora, permite ao visitante trasladarse no tempo. Como núcleo próspero ao logo dos tempos, as grandes obras floreceron na cidade. Un dos seus máis relevantes monumentos é a histórica entrada á cidade, a varias veces restaurado Ponte Pietra, a última vez en 1945 tras ser bombardeada.

Antigüidade e renacemento

Espectacular é La Arena, un colosal anfiteatro romano de pedra consistente nun óvalo de 152 metros de longo e 123 de ancho, que pode albergar 22.000 espectadores. Construído no s. I no reinado de Augusto, consérvase de maneira excelente e continúa albergando interpretacións ao aire libre de teatro e ópera, aínda que en inverno se trasladan ao Teatro Filarmónico. 

Este principal foco de monumentalidade atópase na Piazza Bra, fronte á que se erixe tamén o Palazzo Barbieri, de 1883. Outros fermosos palacios son o Gran Guardia, de 1610 e o Palazo Guastaverza, obra de Sanmicheli, o arquitecto máis presente na cidade. Na outra gran praza, a Piazza dell Erbe salienta con fachada neoclásica o Palazzo Comune.

E é que os veroneses gustan de reunirse nos seus foros. A Piazza dell Erbe, onde antes se atopaba o foro romano, hoxe enmarca un colorido mercado de froitas e verduras. As súas inmediacións conforman un fermoso conxunto arquitectónico no que salientan a fonte de La Madonna Verona, todo un emblema da cidade, as columnas do Mercado e de San Marcos e os máis de 80 metros da Torre Lamberte, cuxa construción comezou no século XII.

Cidade de poetas
imagen

Verona viviu a súa idade de ouro na tardía Idade Media, co señorío dos Scaligeri. Comezou un período artístico e cultural, atraendo a artistas e poetas, como Dante, Petrarca e Giotto. Artífices deste movemento cultural foron as familias aristócratas, en especial os Scaligeri que no século XIV levantaron a súa fortaleza, cun magnífico forte e cunha pasarela sobre o río. Agora é o Museo Civico d'Arte, que exhibe pinturas e esculturas de Pisanello, Stefano da Verona, Giordano, Tiziano e Tintoretto.

A familia Alighieri encheu Verona de elegantes edificios e exerceu o mecenado de Dante Alighieri, entre outros. A este poeta dedícase un monumento na Piazza dei Signori. Tamén son visitábeis os sepulcros desta nobre familia, as Arche Scaligere custodiadas por pétreas estatuas de cabaleiros do medievo.

O romance shakesperiano
imagen

Pero se algo fai universal a cidade é unha das más famosas obras de Shakespeare, que inmortalizou o tráxico e incomprendido amor de Romeo e Xulieta. Dise que a obra se baseou en dramáticos feitos reais que sucederon en 1302 entre a familia dos Montescos e os Capuletos. Mito ou realidade, a casa desta última estirpe é un dos recunchos máis visitados, con especial atención ao balcón de Xulieta

O que é innegábel é que a casa ten certo encanto ao estilo antigo. No seu patio hai unha escultura da namorada que se di dá sorte no sentimental a todo aquel que a toca. A súa porta e fachada atópanse cubertas de mensaxes de amor en diferentes linguas, testemuñas da peregrinación que se vive aquí. A casa de Romeo non pode ser contemplada máis que por fóra, pero a tumba de Xulieta pódese visitar no outro extremo da cidade, na cripta do mosteiro de San Francesco al Corso.

  © Repsol YPF 2001-2008 Mapa Web Nota Legal Proteción de datos Contacto Boletíns
repsolypf.com é membro de Confianza En liña e asume e actúa segundo o seu Código Ético de Comercio Electrónico e Publicidade Interactiva