 
Almagro, das Berenxenas e o receitario do Quixote
|
|
|
 |
|
O Festival de Teatro Clásico que se celebra durante o mes de xullo en Almagro atrae a moitos visitantes a esta localidade de Cidade Real.
|
 |
|
Despois de gozar dunha excelente tarde de teatro clásico no Curral de comedias ou no Hospital de San Xoán parece obrigado ter unha cita coa gastronomía de Almagro, amálgama de tradición gastronómica de Castela-A Mancha. Segundo os datos da organización, presentáronse ás probas máis de 400 aspirantes, e de todos eles só 70 sumilleres chegaron ás semifinais celebradas previamente en Sevilla, Barcelona, Valencia, Vitoria e Burgos. Os finalistas do certame elixiron, ademais, como ven sendo tradicional, a lista dos Mellores Viños de España, seleccionados entre os 99 catados durante a fin de semana.
|
 |
A localidade de Almagro está asociada inevitabelmente ás coñecidas Berenxenas. A cociña árabe introduciu a práctica de aliñar a berenxena. Esta tradición, que se iniciou en Campo de Calatrava, mantense dende entón, pero xa se estendeu, non só á toda Castela-A Mancha, senón que é un produto que se consume en todo o país. As berenxenas verdes e pequenas cócense e introdúcense en vinagre; aínda que nun principio este aliño era unha forma de conservación, agora estendeuse o seu consumo e preséntase das máis diversas maneiras: aliñadas, embuchadas, con ou sen pasta de pemento e cortadas. As berenxenas de Almagro no só se comercializan en España, senón que boa parte da produción se destina á exportación. A calidade das berenxenas está avalada pola concesión da Denominación de Orixe. Os municipios acollidos a esta Denominación de Orixe son aldea del Rey, Almagro, Bolaños, Calzada de Calatrava, Granátula de Calatrava e Valenzuela de Calatrava. |
 |
|
As receitas do Quixote |
 |
Pero Almagro non só pode presumir de posuír berenxenas, senón que ofrece un amplo receitario gastronómico popularmente coñecido grazas a Don Quixote da Mancha, de Cervantes, que lle deu unha boa difusión. A gastronomía de Almagro e, por extensión, a de Cidade Real, precisa pouca elaboración. Sempre foi unha cociña de supervivencia de pastores, pero hoxe converteuse nun verdadeiro pracer. As Migas con uvas, Papas (elaboradas con fariña, porco e especias), Pisto (guiso de verduras principalmente cabaciña, tomate, pemento verde e cebola), Duelos y quebrantos (prato tradicional cuxos ingredientes principais son ovo revolto, touciño e miolos de cordeiro), Asadillo de pementos vermellos ou Tiznao (bacallau esmigallado, pementos vermellos e tomates), son algúns exemplos. A caza tamén adquire relevancia, xa que é terra de veado, xabarín, coello, lebre e perdiz vermella, exemplares cos que se preparan excelentes guisos como o coello con tomate, a lebre con arroz ou a perdiz estufada. |
 |
|
Queixo: excelente aperitivo e mellor sobremesa |
 |
De puro leite de ovella de raza manchega, tenro, semicurado, curado ou en aceite, o queixo manchego convértese nun excelente aperitivo, pero tamén nunha deliciosa sobremesa. O Queixo Manchego conta con Denominación de Orixe, que garante a calidade do produto e abarca boa parte das provincias de Albacete, Cidade Real, Cuenca e Toledo. Cidade Real en xeral e Almagro en particular presumen de posuír excelentes sobremesas, como os pestiños, as flores manchegas, as torradas ou a bizcochá; todas as sobremesas adoitan acompañarse cunha copiña de mistela, licor doce propio da rexión. En relación cos viños, Almagro fai propios os viños con Denominación de Orixe La Mancha e Valdepeñas. Tintos e brancos lixeiros consúmense novos, máximo dous anos. |
 |
|
ONDE GOZAR DA GASTRONOMÍA DE ALMAGRO |
 |
EL CORREGIDOR 1 Sol da Guía Campsa 2008.
A mellor mesa da zona de Juan García é unha casa do século XVIII. Berenxenas de Almagro rustridas con miolos de cordeiro mamote, caza en tempada, torta de cabaza e laranxa. Prezo medio 40 €. C/ Jerónimo Ceballos 2. 13270 Almagro, Cidade Real. Tel.: 926 860 648. Correo electrónico: corregidor@terra.es / www.lacasadelrector.com LA MEMBRILLEJA
Ingredientes da terra con elaboracións actuais. Chulas de corzo, asados en forno de leña, flores con marmelo. Menú 25€. Prezo medio 40 €. CT. Pozuelo-Torralba, km 5. 13270 Almagro, Cidade Real. Tel.: 926 693 064. LAS NIEVES
Antiga casa-casal do marqués de Santa Cruz (século XVII). Queixo fresco de ovella frito, lombos de bacallau á manchega, pan de Calatrava. Prezo medio 25€. CT. CM-4107, Bolaños-Daimiel, km 3. 13270 Almagro, Cidade Real. Tel.: 926 870 563. Correo electrónico: lasnieves@almagroturistico.com / www.almagroturistico.com |
|